O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares dunha forma diferente. No tempo do proxecto lector, e aproveitando o bo tempo, saímos ao patio a ler e contar historias. Qué divertido!
Na imaxe podemos ver ao alumnado de 6º curso contando unha historia aos nenos de 4º de Educación Infantil.
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e 5º de Educación Primaria participaron no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Os nenos e nenas de 6º de Educación infantil foron premiados cun accésit. Podedes ver máis información no blog da biblioteca do centro e aquí.
No mes de setembro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron a Laxe, a unha actividade chamada: "A aventura está no mar". Visitaron o Porto de Laxe, a lonxa e degustaron alimentos feitos con produtos procedentes do mar.