XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

BO NADAL

SAMAÍN

Este ano celebramos o Samaín gracias a colaboración do alumnado que, xunto coas súas familias, adornaron moitas cabazas que expuxemos polos corredores. Tamén tivemos axuda duns avós do cole que, ademais de ser moi riquiños, son uns artistas e fixeron o túnel do terror!!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

CIRCULAR DE OUTUBRO

Aquí tedes a circular de outubro con información importante deste curso.

Preme no logo do cole para acceder a ela.

Cobertura Servicios E-Dixgal

No seguinte PDF poderán obter información sobre os servizos de coberturas (seguro) da plataforma E-Dixgal.

 

 

NOVAS SOBRE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL

   Queridas familias:

Queremos recordarvos que:

  • En caso de extravío do vale, o colexio non poderá expedir un duplicado.
  • Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.
  • No momento da compra o solicitante deberá asinalo e entregalo no establecemento.
  • Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada un só pode ser utilizado nun único establecemento.

Ademais, quen non poida facelo nas datas establecidas en xullo, poderán recoller os seus vales en setembro.

Información xeral para as familias

Queridas familias:

Aquí tedes información xeral IMPORTANTE para estes últimos días e os primeiros do vindeiro curso.

Premede na imaxe para acceder a ela.

Listaxe de libros e material do curso 23-24

Aquí tedes dispoñible a listaxe de material e libros para o vindeiro curso. Premede en cada imaxe para poder consultala.

 

                 MATERIAL                                      LIBROS

  

 

Programa do Festival de Fin de Curso

Letras Galegas e Móvete +

Estimadas familias:

Presentámosvos o vídeo final do traballo en equipo realizado por todo o profesorado e todo o alumnado. Estamos moi contentos co resultado, xa que, ademais de promover e concienciarnos sobre a importancia da vida activa, divertímonos moito!

Podedes ver o vídeo premendo aquí.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer