Skip to Content

VISITA LÚA PIÑEIRO

O martes visitounos Lúa Piñeiro, a campeona de España de Taekwondo. Con ela os pequenos de Educación Infantil desfrutaron practicando deporte. Que mellor forma de festexar tamén o día da muller! Moitas Grazas pola visita!

PASCUA

A Pascua está á volta da esquina! As nenas e nenos de 1º e 3º estiveron a facer e a xogar cuns "Easter Memories". Pasárono xenial!

 

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

O alumnado de 5º curso está a por en práctica algunhas das estratexias traballadas no PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) de matemáticas manipulativas. Neste caso, centrámonos na lóxica matemática a través de catro estacións distintas de aprendizaxe.

MULTIDEPORTE

O martes compartimos outra xornada máis de multideporte do programa XOGADE con 3º de primaria. Esta vez visitounos o cole de Vilariño (Cambados) CEIP Enrique Barreiro. Moitas Grazas!!

PIRAGÜÍSMO

Na biblioteca de Don Mexillón tivemos o pracer de recibir á piragüísta Marta Iglesias, continuando co traballo dos deportes no proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos.

 

DÍA DA MULLER

Polo día da muller realizáronse distintas actividades. Entre elas unha charla e práctica coa esgrimista Araceli Bugallo e a visita dunha nai que traballa como militar. 

1º TRIMESTRE DO PDI

Facendo click no seguinte enlace podedes ver o traballo feito en relación ao PDI de todos os grupos de Educación Infantil e Primaria.

https://padlet.com/mrleiropxc/productos-finais-1-trimestre-bw9qqo2cl2q36n8

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DO ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024-2025.

O prazo para poder realizar a admisión de alumnado será do 1 ao 20 de marzo.

 

IMPORTANTE: A solicitude xunto co ANEXO II BIS deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do/da menor.

O formulario da solicitude está dispoñible e pode presentarse das seguintes maneiras:

- A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado (solicitudes > admisión). A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.

- Na sede electrónica da Xunta, mediante a CHAVE 365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentaicón escaneda. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.

- Na secretaría do centro, en horario de 09:00 a 14:00. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica seguidamente.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE + ANEXO II BIS:

- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou docmento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

- Volante de inscrición padronal (empadroamento).

- Certificado de matrículo e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de Ed. Infantil

- De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 151 885

 

OBRADOIROS INTERNIVEL

Hoxe comezamos novos obradoiros. Neste caso presentamos o de maxia. Os máis cativos do colexio gozaron dunhas fantásticas propostas a través do cal se fomentou a ilusión, a fantasía e a imaxinación coa música, os trucos e as manualidades. Foi unha xornada máxica!

CENTRO DE SAÚDE

Onte o alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha visita ao Centro de Saúde de Vilanova de Arousa. O persoal sanitario tiña organizadas unha serie de actividades moi divertidas en cada unha das estacións: enfermería, medicina xeral, pediatría, análises, fisioterapia, nutrición e urxencias. Dende aquí gustaríanos darlles as grazas, por ensinarnos o seu traballo dun xeito tan lúdico. Foi unha visita do máis interesante!

Distribuir contido


by Dr. Radut