Skip to Content

Benvida

Benvida

BENVID@S AO CEIP A XUNQUEIRA 1

 

 ATENCIÓN TELEFÓNICA: 886159029 e 886159026

 Edixgal, PLAMBE.

 Plan Madruga e Comedor escolar.

 

 

ADMISIÓN  CURSO 2024-2025
(do 1 ao 20 de marzo)

             Ao abeiro da disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para a admisión de alumnos que se incorporan ao noso Centro, en Educación Infantil e Primaria, para o vindeiro curso académico 2024- 2025, estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.

 

                  As solicitudes poden cumprimentarse de xeito manual (cubrindo o impreso que temos na Secretaría) ou a través da aplicación:

                   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para máis información dos postos escolares ofertados, área de influencia, servizos e prazos premer AQUÍ.

 

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2024-2025

(do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro)

As familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza para o IES A XUNQUEIRA 1 de xeito manual (cubrindo o impreso que se remitiu en formato papel) ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O prazo abrangue do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

IMPORTANTE: só deberán presentalo os/as alumnos/as que queiran matricularse no IES A XUNQUEIRA I.

 

NOVIDADE: ENTRADA ao CENTRO:

Pregamos NON UTILIZAR a entrada reservada aos automóbiles, para máis seguridade do noso alumnado.

A porta de entrada de acceso ao centro será a indicada na imaxe seguinte:

 

                                              ENTRADAS e SAÍDAS:

                           Pica aquí para ver o plano. 

 

 Porta 1: entrada de 5º e 6º, saída de 1º, 5º e 6º

 Porta 2: PORTA ANULADA (obras ascensor)

 Porta 3: entrada de Infantil 5 anos e 1º de Primaria, saída de Infantil 5 anos, 2º, 3º e 4º

 Porta 4: entrada de 2º

 Porta 5: entrada de 3º e 4º

 

 As familias de 1º e 2º poden entrar a recoller ao alumnado no momento da saída. O alumnado de 3º a 6º sairá só do centro, as familias esperarán na beirarrúa.

É moi importante ter descargada a aplicación Abalar Móbil. Neste enlace da nosa Aula Virtual podes consultar como  descargala. Pica Aquí.

 

 

 

 MOI IMPORTANTE

Recordamos que as familias non poden andar polos corredores do centro. Para falar co profesorado deben pedir cita por teléfono, Abalar ou en secretaría.

 

Para ver os vídeos das actividades realizadas pica aquí ou vai ao apartado vídeos na barra lateral. 

 

                      

 

                                                    

                                                                           

          

Distribuir contido


by Dr. Radut