Skip to Content

2º curso

O CAMIÑO

     O día 4 de abril saímos a percorrer un pequeniño tramo do Camiño de Santiago, aquí vai un vídeo con algúns dos mellores intres da mañán.

     PREME.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

   Para lembrar a Rosalía de Castro o día 23 de febreiro recitamos un poema dela titulado Parece unha rosa, premede enriba da camelia para velo.

SAÍDA AO MERCADO MUNICIPAL.

     O día 17 de febreiro achegámonos ao Mercado Municipal para ir percorréndoo enteiriño e ver todo o que alí se podía mercar. Aquí vai a proba de que estivemos ben atentos para aprender unha chea de cousas.       PICA NA FOTO PARA VELO.

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Un ano máis andamos a conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz, o 30 de xaneiro, cadrando co día en que finou Mahatma Gandhi.

Despois de lembrar a súa importancia, adicámonos a recoller algúns dos seus ditos, así como a facer diversas actividades.

Aquí vai unha mostra dalgunhas delas (pica enriba, e ten calma porque tarda uns intres en abrir):

 

 

E ata soñamos con voar coma as pombas da Paz  (preme):

 

E para rematar... a CANTAR.

NADAL 2021

 

 Premer enriba de Papá Noel para ver máis 

 

      Despois FESTA!! 

 

        E máis FESTA!!

 

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

     O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por iso preparamos un mural para non esquecernos  da importancia de poder vivir en liberdade, sen medos.

     Premer na foto para ver vídeo ↓

 

MAGOSTO 2021

       Estámonos preparando para celebrar o Magosto no cole. Antes de nada imos facer as nosas bolsiñas para encher de castañas asadas, agardando a que chegue o gran día e non chova...

    Por fin chegou o momento, e temos un día estupendo para comer as castañas no patio e despois xogar cos nosos compis aos xogos populares.

        Se queredes vernos premede enriba do tren 

     

 

RECREOS DE OUTONO

      Este outono estamos disfrutando duns días soleados que nos deixan xogar no noso patio moi a gusto, e divertirnos coas follas que caen das árbores.

      Se nos queres ver en acción pincha aquí.

      Ver máis.

SAMAÍN

SAMAÍN

 

     Comenzamos cos preparativos para o noso Samaín, e aquí andamos facendo unha bolsiña para as nosas chuches.

    

   

       E seguimos coa decoración dos nosos corredores, portas, ventás...

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

     

     Chegou o día de celebralo, agora tócanos decorarnos nós!!

 

 

 

VÍDEO

 

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

        O venres 29 de outubro achegámonos ao Museo de Pontevedra para participar na actividade “Pontevedra Lorquiana”. Alí fixéronnos unha breve reseña da vida de Federico García Lorca, e a súa vinculación con Galicia, e despois guiáronnos para realizar cada un de nós unha caricatura do escritor.

FACENDO MANUALIDADES

 

     Aquí nos tendes, atarefados e ben atentiños para non perder detalle. Moito nos gusta facer manualidades para relaxarnos un pouquiño entre tanta actividade de mates, lingua ...

 

 

 

          E agora... a polo moucho!

 

EMPEZANDO UN NOVO CURSO.

 

 

 

Xa estamos de volta!! E  nada mellor para empezar con forzas un novo curso que unhas larpeiradas para endulzar o primeiro día.

 

Ánimo!! Aprenderemos un montón e divertirémonos xuntos nos marabillosos recreos!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut