Skip to Content

Ed Física

Campionato voleibol

 O 25 de maio celebramos o campionato de voleibol conta os alumnos e alumnas do CEIP de Lerez e o alumnado do CEIP de Xeve.

Pasámolo moi ben.

Grazas a Patri e Alex por todo o que nos ensinaron.

3ª sesión de volei

 Na terceira sesión de volei Alex ensinounos a facer o saque.

 Tamén estivemos xogando partidos.

Segunda sesión de volei

O mércores, 20 de abril, tivemos a segunda sesión de volei con Alex e Patricia.

 Estivemos practicando o pase de man baixa.

7 de abril. Día Mundial da saúde con Receitas saudables

O pasado 7 de abril, dende Educación Física, falamos da conmemoración do Día Mundial da saúde. Mencionamos a importancia de facer exercicio físico, de comer saudable, de coidarnos por dentro e por fora, porque iso e fundamental para o noso benestar físico, mental e social. 

Ademais, fixemos este mural con receitas, un pequeniño proxecto do 2º trimestre onde o alumnado de 3º e 4º mostrou as súas dotes culinarias.

Bo proveito ! :)

 

Materiais voadores

En Educación Física, co alumnado de 3ºA e 3ºB, estamos traballando unha Unidade de "Materiais voadores" donde estamos probando diferentes elementos e materias convencionais e non convencionais, para traballar os lanzamentos e as recepcións dunha forma diferente ! Neste caso, fixemos avións de papel, cos que tamén traballaremos as distancias ! Seguimos voando :)

 

Voleibol

 O mércores 30 de marzo tivemos a primeira sesión de voleibol.

 Patricia e Alex, xogadores do Club Voleibol Pontevedra ensináronnos a facer o pase de dedos.

 O día 20 de abril faremos a segunda sesión.

O deporte e os estudos

 O martes 29 visitounos o presidente,  un adestrador un xogador  do Club de balomnán Cisne.

 Explicáronnos que se pode facer deporte e estudar á vez.

 Contáronnos que o ano pasado foron campións de España xuvenís, gañaron a final contra o Barcelona.

 Nun vídeo os xogadores explicaron que a parte de adestrar estudaron na universidade. 

 O deporte axuda a estudar.

  

1º Torneo de mini Datchball

Fai unhas semanas fixemos un pequeno torneo de Datchball en Educación Física, onde os protagonistas foros os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. Pasámolo moi ben, e desfrutamos traballando en equipo e cumplindo as normas de xogo limpo ! :)

Repetiremos esta aventura pronto !

Atletismo en Pista

 O alumnado de 5º participou nas xornadas de Atletismo en Psita organizadas por Xogade no CGTD.

 

 

Día da Paz

Traballamos a PAZ facendo palabras utilizando o noso corpo para formar letras.

Xogamos á billarda

 En Educación Física estamos a xogar coa billarda.

 Moitos non coñecíamos o xogo. É moi divertido.

Carreira de campo a través

 O alumnado de 2º e 3º participou na carreira de campo a través,  organizada polo programa Xogade, celebrada na Illa das Esculturas o martes 9 de novembro.

Iniciación ao atletismo

 O alumnado de 3º recibíu unha clase de iniciación ao atletismo.

Joao, un atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, explicoulles moitas cousas sobre os lanzamentos, saltos e carreiras.

 

 Foi moi divertido.

 

Acrosport

 O nenos e nenas de 5º e 6º practicaron acrosport.

 Fixeron figuras en parellas, tríos e gran grupo.

 

 Aquí podedes ver algunhas delas.

Distribuir contido


by Dr. Radut