CEP Antonio Magariños Pastoriza

  

    Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos

Logo do Consello Escolar celebrado o pasado 9 de abril, a listaxe de admitidos, non admitidos e prazas vacantes é a seguinte:

Día do Libro: Contacontos con Inacio Vilariño

23/04/2014 12:00

O alumnado do 2º e do 3º Ciclo descubrirá da man de Inacio Vilariño, "Cousas do Demo". Despertando a nosa curiosidade por ver que haberá nos libros ...

Días non lectivos

Os días 3, 4 e 5 de marzo non haberá clases segundo o calendario escolar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Festival de Entroido

28/02/2014 12:20
28/02/2014 13:30

Como nos anos anteriores o venres, día 28, teremos no colexio o Festival de Entroido no que cada curso fará gala das súas creacións. Comparsas coplas e creatividade farán a ledicia dos pequenos.

Día de Rosalía de Castro e Volandeira

24/02/2014 13:10
24/02/2014 14:00

Para celebrar como se merece o Día de Rosalía de Castro, os diferentes cursos do colexio fixeron unha escolma dos seus mellores versos que serán declamados e interpretados na aula de Usos Múltiples o luns 24. Para rematar o acto conmemorativo acompañaranos o grupo de Volandeira, que nos deleitará coas súas mellores pezas.

Teatro en inglés no Auditorio "A Xuventude"

24/02/2014 10:00
25/02/2014 13:10

O alumnado do centro terá a oportunidade, un ano máis, de acudir a unha representación teatral en lingua inglesa no Auditorio "A Xuventude" de Cambados. Será ao longo da mañá do luns e do martes.

Ana Soler ilustra "Sentimentos para a Paz"

22/01/2014 12:00
22/01/2014 13:10

Ana Soler, profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e nai dun dos nosos alumnos estivo no centro para ilustrar, a partir dun conto de Violeta Monreal, un sentimento clave na busqueda da Paz: A Felicidade.

 Moitas grazas, Ana pola búsqueda constante,`por aportar moito do teu bo facer e compartilo connosco, facendo posible sermos unha comunidade de aprendizaxe.

Día da Paz

30/01/2014 13:10
30/01/2014 14:00

Son todos os días, días de Paz. Ou niso traballamos con empeño constante:  aprendendo a resolver os conflictos de forma pacífica sempre. Pero traballar día a día pola Paz require unha festa especial, e iso será o día 30. Preparados?

Distribuir contido