Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

XOGADE

XOGADE

Proceso de admisión

Estimadas familias.

O vindeiro 22 de febreiro publicarase a listaxe de alumnado con posto reservado neste centro para 1º curso de primaria, así como os postos escolares ofertados.

Lembramos que as solicitudes de admisión teñen que ser presentadas no centro entre o 1 e o 20 de marzo.  

CAMPAÑA SOLIDARIA CO SAHARA

Estimadas familias.

 

Imos por en marcha unha campaña de recollida de medicamentos para enviar ao Sahara. A campaña inclúese dentro dun programa de voluntariado PROXECTA+.

 

Solicitámosvos e agradecemos a acollida e participación da comunidade educativa. Poden deixar no centro educativo a medicación que teñan sempre e cando non estea caducada. O prazo de recollida remata o 20 deste mes de novembro. Para calquera dúbida poden contactar co centro.

 

Grazas.

Orientación

Día das Bibliotecas escolares

Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares o alumnado escribiu reseñas dos seus libros favoritos.

Xa podedes velas nos corredores do colexio. Estas son algunhas delas.

Charla sobre a violencia de xénero

14/10/2022 18:04
Europe/Madrid

A Garda Civil estivo no centro e explicoulle ao alumnado como recoñecer situacións de violencia que poden darse nas falilias e nas relacións afectivas entre as parellas. A través de diferentesvídeos  axudoulle identificar canto antes indicios e violencia psicolóxica, vicaria, económica ... que se poden estar exercendo. Debemos ser capaces de recoñecelos para actuar canto antes e evitar as dramáticas consecuencias que poden acarrear.

Samaín

28/10/2022 17:52
Europe/Madrid

Este ano tivemos un Samaín de medo.

Apareceron polo colexio seres fantásmagóricos e máxicos, esqueletes e zombies, bruxas e curuxas ...

Tivemos risas, xogos, festa, algo de medo algúns, unha chea de sustos e un incrible "Túnel do terror".

Mágoa que as marabillosas cabazas teñan xa que desaparecer. Eran tan bonitas, orixinais e creativas ... !

Os libros de medo da biblioteca desapareceron ... Haberá que investigar se eran tan terroríficos e en que casas se meteron. 

Igual algún dos conxuros que tivemos nos corredores nos pode axudar  para que volvan pronto á biblioteca.

A biblioteca estaba chea de teas de araña, unha bruxa tremenda ás portas e moitas historias nos contos, na música e ... no CINE!!!

Non todo foi tan temible ... ; pois case todos se foron cun doce sabor no padal.

Gardaremos o segredo ata o ano vindeiro.

Día das Bibliotecas escolares

O 24 de outubro celébrase a nivel internacional o Día das Bibliotecas escolares.

Para poñer en valor a nosa biblioteca realizamos diferentes actividades:

  • Portadas do noso libro favorito.
  • Reseña sobre o noso libro favorito.
  • Descrición da nosa bilioteca.

LECTURAS DIXITAIS PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estimadas familias,

 

A través deste enlace podedes consultar as lecturas dixitais das bibliotecas escolares de Galicia.

Pincha no seguinte enlace e desfruta dunha Semana Santa chea de aventuras de xeito gratuito!

 

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares e desde o Magariños quixemos animar a todo mundo a que veña ler á nosa biblioteca, por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en colaboración cos titores, decidimos facer estes booktrailers, nos que os nenos e nenas fixéronse pasar por un día por youtubers. 

Espero que o desfrutedes neste vídeo:

  

Distribuir contido


by Dr. Radut