Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Empeza o préstamo de libros na nosa Biblioteca provisional.

 

Hoxe, 13 de febreiro empezamos o prestamo de libros na Biblioteca provisional.

Xa rematadas as obras, non podemos facer uso dos novos locais ata ter a autorización da administración educativa, pero temos os mellores libros, os máis novos, agardándovos nos corredores.

Como fóchedes comprobando día a día, agora están vestidos cunha etiqueta nova, de cores e números seguindo os criterios da Clasificación Decimal Universal adaptada.

Os profesores estarán, como sempre, ao voso lado para responder a calquera dúbida ou para axudarvos a localizar o exemplar que vos interesa. Con todo recordade que aínda temos moitos títulos á espera de ser reetiquetados.

E agora: A disfrutar!!!

 Os maiores na cristaleira da porta principal

 

 

 

 

 

 

 

 Acordádevos de colocar os libros tendo en conta a CDU (Clasificación Decimal Universal)

 

E para os pequenos na entrada da nova Biblioteca ...



blog | by Dr. Radut