Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Admisión

SOLICITUDE  DE ADMISIÓN PARA O ANO ACADEMICO 2016-2017

 

NORMAS[1]:

           

  1. As solicitudes deberán presentarse no colexio acompañados de Certificado de empadronamento da unidade familiar, DNI do alumno e Fotocopia do libro de familia.  Os impresos de solicitude (ANEXO II) poden recollerse na Secretaría ou descargarse da web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos/

As solicitudes serán acompañadas polo Anexo A, que se recollerá no centro educativo.

Ø  No caso de que o alumnado viva con persoas alleas aos proxenitores, deberán traer o Certificado de Convivencia.  

Ø  A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

Ø  No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito-

ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución  xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible

o previsto no parágrafo anterior.

2.      O prazo de presentación de solicitudes[2],  será do 1 ao 29 de marzo, ambos os dous inclusive. Unha vez acabado o prazo de presentación o centro abrirá un prazo de 10 días (do 29 de marzo ao 8 de abril aprox.) para que as familias entreguen  a documentación acreditativa para a baremación, se procede.

3.      Publicación provisional  de admitidos antes do 25 de abril, logo da cal se abrirán 5 días de reclamación e a  publicación definitiva antes do 15 de maio.

4.      Os/as alumnos/as formalizaran a súa  MATRÍCULA no Centro do 20 ó 30 de xuño. Transcurrido este prazo sen facelo, entenderase que renuncia á praza.

5.      A falsidade dos datos da solicitude invalida a mesma.

6.      O CEP “A. Magariños Pastoriza” ten como centro adscrito a EEI “A Pastora”

                                                   

Cambados, 29 de febreiro de 2016

 

                                                                                                                 

                                                                       O director                                      

 

 

Asdo. Alfonso Mariño Castro




[1] Segundo a aplicación da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado.

[2] Recórdase que só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar e a ineficacia de todas as solicitudes no caso de incumprimento desta norma. Os pais teñen a obriga de presentar unha copia da solicitude de admisión no centro de orixe do neno. Teñen a obriga de comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (Artigo 13, d-3º).



blog | by Dr. Radut