Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Fondo solidario de libros de texto e axudas econónimcas para libros de texto e material escolar.

 

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16. A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.

A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/



blog | by Dr. Radut