Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

Durante o vindeiro mes de novembro iníciase o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar do noso colexio.

No caso dos mestres/as corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

No caso das nais/pais, igualmente, corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

O primeiro paso será a Constitución da Xunta Electoral, que rexirá todo o proceso. Para elo farase un sorteo o vindeiro mércores 2 de novembro as 10:00 no colexio. Esa Xunta estará composta pola Directora, un mestre/a, unha nai/pai e un representante do PAS (persoal de administración e servizos), máis os seus suplentes.

Por medio do ABALAR e no taboleiro de entrada do colexio, iremos informando dos seguintes pasos.

 

Atentamente.

O equipo directivo.

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Adxuntamos o Plan Dixital de Centro que levaremos a cabo neste curso escolar 22/23

MENÚ COMEDOR MES DE OUTUBRO

BENVIDOS/AS AO CURSO 22/23!

Recordámosvos que as clases inícianse o xoves 8 de setembro; no horario habitual, de 9:00 a 14:00. (excepto os de 4º infantil que teñan periodo de adaptación).

Neste primeiro día as familias podedes entrar ao recinto escolar e acompañar aos nen@s ata as filas, pero non podedes entrar ás clases.

Os servizos de transporte e aula matinal (de 7:30 a 9:00) e tardía (de 14:00 a 14:30) funcionarán xa.

As actividades extraescolares e o comedor, comezarán en outubro.

Xa non haberá protocolo COVID, excepto para o transporte escolar, onde será obrigatoria a mascarilla.

REUNIÓN FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O próximo martes 6 de setembro ás 19:00 será a reunión de inicio de curso de Educación Infantil. Será conxunta para todos os cursos de infantil: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
Esperámosvos no colexio!

LISTADOS DE MATERIAL PARA EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 22/23

Adxuntamos os listados de material das diferentes clases de primaria para o curso 2022/23.

Esperamos axudarvos e axilizar así a compra, o podedes ir traendo pouco a pouco os primeiros días.

Recordámosvos que tendes vales de material pendentes de recoller. Estamos en secretaría de 9:00 a 14:00.

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 22/23

Informamos que FOI ADMITIDO todo o alumnado (un total de 15) que presentou solicitude de admisión no CEIP DE CALDELAS para o vindeiro curso 22/23.

As listaxes están publicadas no taboleiro do colexio.

Recordarvos que dito alumnado terá que facer a matrícula no noso centro do 20 ao 30 de xuño.

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

FIN DA RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARA NOS ESPAZOS AO AIRE LIBRE

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2022-23

Distribuir contido


by Dr. Radut