Skip to Content

NOVAS INICIO CURSO 2021/2022

Benvidos ao novo curso!!

Como sabedes, este curso temos a novidade da incorporación de Educación Infantil ao noso centro. Pasamos de ser un CEP a un CEIP e afrontamos o reto con moita ilusión.
Vos damos unha serie de novas e avisos importantes:

** REUNIÓNS INICIO CURSO
A reunión coas familias de Educación Infantil será este Luns 6 setembro as 4 da tarde no colexio. Só pode vir un adulto por neno. Deberase cumprir coas medidas do protocolo.
As reunións de Educación Primaria serán avisadas puntualmente unha vez comecen as clases.

** LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR
Nestes días publicaremos nesta web o listados de material escolar por cursos.
As listas de libros de texto están colgadas nesta web na sección Documentos<<<Libros de Texto.

** VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL
Todas as familias que tiñades dereito a estos vales e aínda non os recolléstedes, podedes facelo estos días no colexio.

** PROTOCOLO COVID
O novo Protocolo Covid para o curso 21/22 está colgado nesta web na sección COVID-19<<<Protocolos. Os cambios con respecto ao curso pasado son mínimos.

** COMEZO CLASES
As clases para Educación Infantil e Primaria comezan este Xoves 9 setembro. A xornada escolar é de 9 a 14 horas. Haberá transporte escolar dende o primeiro día. O funcionamento e inscrición na Aula Matinal e Tardía volo explicaremos proximamente.

LISTA LIBROS DE TEXTO 2023/2024

No documento adxunto tedes a lista de libros de texto 2023/2024.

"DIGICRAFT NO TEU COLE" NO CEP DE CALDELAS

O noso centro foi admitido para participar no Proxecto Digicraft co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Trátase  dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas. Durante este terceiro trimestre o alumnado de 5º e 6º  levarán a cabo actividades con portátiles, inicio de linguaxe de programación e outras tarefas relacionadas. Tedes máis información no arquivo adxunto e no enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/Digicraft

 

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS

Como xa vos informamos, dende o 18 ata o 29 de xaneiro de 2021, o CEP. DE CALDELAS está levando a cabo este programa. Neses días repartiremos froitas como mazás, plátanos, peras, kiwis e clementinas, fomentando así unha alimentación saudable.

ACTIVIDADES NADAL

Mañá, martes 22 de decembro, durante o recreo ofrecerase ao alumnado que o desexe unha chocolatada e rosca. Cada neno/a deberá traer da casa un vaso de plástico ou calquera recipiente identificado para tomar o chocolate. Isto é posible grazas a ANPA e ao Colexio. 

A partir das 12:45h faremos xogos, por aula, ao aire libre.

Aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas boas festas, traballo, saúde e educación para tod@s

REPARTO DE MÁSCARAS

As familias do alumnado que lles corresponde recibir máscaras reutilizables, poden pasar por dirección a recollelas. Entregaranse 4 máscaras por alumno/a. Saúdos

ENTREGA DE NOTAS E VACACIÓNS DE NADAL

O luns  21 de decembro, os titores/as entregarán as notas da primeira avaliación aos alumnos/as. Tamén as poderedes ver na aplicación abalarMóbil.

As vacacións de Nadal son dende o mércores 23 de decembro ata o xoves 7 de xaneiro, ambos inclusive.

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS DO COLEXIO

O xoves 17 de decembro a partir das 12:30h celebraremos o tradicional campionato escolar de Campo a Través no colexio. 

Tomaranse as medidas necesarias, seguindo o protocolo COVID, para que a carreira sexa segura. Entre outras: non podedes vir as familias; e farase unha soa carreira, é dicir, non haberá finais entre clases. 

En caso de chuvia, a carreira celebrarase nunha data a concretar despois das vacacións de Nadal.

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámosvos que o luns 7 e o martes 8 de decembro son días non lectivos.

As vacacións de Nadal son do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos. As clases comezarán o venres 8 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut