Skip to Content

O venres 22 de marzo, ás 14.00 horas, publicaranse as cualificacións do 2º trimestre na aplicación abalarMóbil.

Coro IES Álvaro Cunqueiro

O día 21 de marzo, un coro formado polo alumnado de 3º da ESO do IES Álvaro Cunqueiro tivo a ben compartir connosco unha boa variedade de pezas musicais das que gozou o alumnado de segundo e terceiro ciclo. Música de películas, africana, Jazz, tradicional galega... Toda unha demostración de traballo e implicación levada a cabo nos seus ratos libres.

 

Moitas grazas compañeiras e compañeiros.

Comedor

MENÚ ESCOLAR

freepik

ABRIL
Menú basal
Menú derivadas

Visita Xavier Domínguez

Este xoves 21 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza do autor Xabier Domínguez que escribiu xunto con Alba de Evan un fantástico cómic “Miquits” para os cativos de 2º curso.

Xabier ensinounos a través dunha presentación e varios vídeos como é o proceso de creación dun libro e a cantidade de persoas que están implicadas neste proceso.  A súa orixinalidade cautivou ao alumnado, que tivo moitas preguntas sobre os personaxes. Tamén nos sorprendeu co lanzamento da segunda parte de “Miquits” que sairá arredor de setembro. Por último, fixo unha firma de libros e o alumnado entregoulle varios debuxos como agradecemento.

 

 

Vocasons da E-TRADE

O mércores 20 de marzo, o alumnado de 4º asistiu ao concerto didáctico realizado polas mestras e mestres da escola municipal de música folk e tradicional de Vigo, enmarcado no programa de concertos didácticos do Concello. Nesta ocasión descubriron os diferentes estilos e ritmos musicais da tradición galega a través da lingua propia. Para rematar a ocasión, algunhas das nenas e nenos do cole tiveron a oportunidade de compartir esceario con estes grandes músicos para cantar as regueifas creadas na clase de música.

Bravo artistas!!!

 

Visita de Celtia Figueiras

O martes 19 de marzo visitounos Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos". Lectura coa que o alumnado de 4º puido desfrutar durante algunhas sesións. 
Celtia contounos moitas curiosidades sobre o libro, e respostou ás preguntas que a rapazada lle plantexou. 
Invitámosvos a todos a ler o libro, ao noso alumnado encantoulle, ademais de poder cantar e bailar coas cancións que podedes escoitar durante a súa lectura.

Fútbol no cole

O día 4 de marzo o alumnado de 1º participou nunha actividade de iniciación fútbol, na que contamos coa colaboración de dúas xogadoras do club de fútbol Lóstrego.

Patiñaxe no cole

O día 22 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza da patinadora Andrea Llovo, que nos fixo unha demostración do seu deporte ante o alumnado de 1º e 2º de Primaria ademais de contarnos moitas curiosidades e ensinarnos diversos materiais e trofeos que gañou en diferentes competicións.

Postos escolares vacantes 24/25

Estes son os postos escolares vancantes para o curso 2024/2025.
13+6 ANEAE
14
12
12
0
11

Admisión alumnado EEI Cristo da Victoria

Está admitido todo o alumnado da escola infantil Cristo da Victoria que fixo a súa reserva de matrícula para 1º de primaria para o curso 2024-25.

Poderase consultar esta listaxe na aplicación admisionalumnado ou no interior do centro educativo.

Admisión alumnado IES Álvaro Cunqueiro

Está admitido todo o alumnado de 6º de primaria que fixo a súa reserva de matrícula para 1º de ESO para o curso 2024-25.

Poden consultar esta listaxe na aplicación admisionalumnado ou no interior do centro.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut