LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

Publícanse as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso. Ditas listaxes deberán consultarse no taboleiro de anuncios do interior do centro, de acordo á normativa de protección de datos.

Por este medio podemos unicamente confirmar que todas as solicitudes foron admitidas.

A matrícula formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 22-23

Pola presente que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023.

Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365.

Independentemente disto, informámos de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos.

A dirección

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO NOVO - (NADOS EN 2019)

ABRE O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓn

Prazo de presentación de solicitudes desde o 1 ata o 21 de marzo (inclusive)

As familias poderán: 

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (Menú: Solicitudes – Admisión– Crear)  e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería (dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.

  (Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2022)

- Recoller os formularios no centro. 

VISITA Á CASA DE ROSALÍA

 Achegamos cartaz da visita a casa de Rosaía e a visita guiada do interior e exterior do pazo de Faramello o día 27 de febreiro.

A dirección

ENAPA COLECTIVA: "CANDO AS PANTALLAS EDUCAN"

Este mes de febreiro celébranse en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saúdable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación ( TRIC). 

Trátase dunha iniciativa organizada por Espazo Familias Boiro a través da súa Escola de Nais e Pais (ENAPA) colectiva na que colaboran economicamente o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) pertencente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Boiro.O título das xornadas: Cando as pantallas educan.

https://espazofamilias.org/

https://www.youtube.com/watch?v=ujGmrFV5wWM&feature=youtu.be

24 de febreiro ás 17:30h no salón de actos da Casa de Cultura «A Cachada» (sen inscrición previa 17:15h)

FORMACIÓN TECNOLÓXICA BÁSICA PARA FAMILIAS

Achegamos cartaz no documento que se achega nesta publicación.

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO NOVO

O prazo de reserva de praza de alumnado novo é do 1 ao 20 de marzo.

Aquelas familias interesadas en visitar o centro teñen sesións de portas abertas nas seguintes datas:

  • martes 15 e 22 de febreiro, de 17:30 a 18:30
  • martes 8 de marzo, de 17:30 a 18:30

Achegamos un documento cas actividades, proxectos e servizos do centro. 

Máis información no  881866691 ou no ceip.cespon@edu.xunta.gal

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO: FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN (IES A CACHADA)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa, como é o caso do alumnado de 6º de primaria que quere reservar praza no IES Plurilingüe de A Cachada. 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: en admisión alumnado, na opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: en admisionalumnado, con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. 
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro (achégase formulario en galego). Está dispoñible en castelán na aplicación admisión alumnado.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Para o alumnado de 6º de primaria que vaia a un instituto distinto de A Cachada, o prazo de Solicitude de Admisión será dende o 1 de marzo ata o 20 dese mesmo mes. E podedes empregar o documento ED550B que se axunta ou a través do procedemento ED550B da Sede Electrónica.

Para a Formalización de Matrícula: Coma en anos anteriores será no mes de xuño.

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE A VOLTA ÁS AULAS

"De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante."

Distribuir contido