Prazo para presentar solicitudes: Ata o 21 de xuño de 2024 ( este incluído).
DESTINATARIOS:
• Fondo solidario de libros de texto do alumnado: 3º, 4º, 5º e 6º EP.
• Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado: 1º e 2º de EP e EE
• Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, aínda que estean no mesmo centro.
3. A persoa solicitante é quen debe recoller o/s vale/s que lle sexan concedidos.
4. Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala). *O alumnado que cursa 6º este ano e promocione á ESO, entregará a solicitude no IES para o que vaia.
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario normalizado (E330B- anexos I e II). Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave365. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
DOCUMENTACIÓN a entregar:
- Anexo I (é a solicitude) debidamente cuberto.
Todas as solicitudes deben presentar: copia do libro de familia, ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar..
Toda a outra documentación que poida precisarse está indicada nos distintos apartados do formulario (anexo I), no apartado “DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA”.
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): son as autorizacións de todos os membros da unidade familiar, agás o solicitante.
No primeiro cadro autorízanse as consultas/comprobación dos DNI e certificados de discapacidade e/ou pensión de incapacidade, se é o caso.
MÁIS INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS QUE SE ACHEGAN CON ESTA PUBLICACIÓN E NA SEGUINTE DIRECCIÓN
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Estimadas familias: achegamos información sobre os campamentos concilia do verán no documento que acompaña esta publicación.
Un saúdo
A dirección
Estimadas familias:
Achegamos cartel do próximo taller de Espazo familias e colaboración co Concello de Boiro sobre a temática da ansiedade no alumnado.
Realizarase o sábado, 27 de abril, no centro social de Boiro ás 11.30.
Máis información en https://espazofamilias.org/index.php/axenda/
A dirección
Estimadas familias:
Pola normativa de protección de datos non podemos publicar a listaxe definitiva de admitidos. Dita lista estará exposta no taboleiro do centro.
O que si podemos confirmar é que todas as solicitudes obteñen praza na asignación definitiva.
A dirección
Para presentar unha solicitude deberase seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro e asinala en Sede Electrónica:
2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica.
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Dispoñedes de máis información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Achégase nesta publicación un documento con indicacións sobre a documentación a presentar, así como o anexo de solicitude.
A dirección
Ante a próxima apertura do prazo de matrícula do alumnado novo (do 1 ao 20 de marzo) comunicamos que teremos os seguintes días para visitar o centro e así poder coñecer as instalacións e a nosa forma de traballo.
Xornada de portas abertas:
Martes 20 e 27 de febreiro, de 17:30 a 18:30
Martes 5 de marzo, de 17:30 a 18:30
Achegamos un díptico con información do centro.
A dirección
Temática: EDUCACIÓN SEXUAL. COMPRENDENDO PARA ACOMPAÑAR.
Realizarase o 31 de xaneiro, ás 18:00 no centro social de Boiro.
Obradoiros paralelos para adultos, adolescentes e nenos (servizo canguraxe 3-7anos con inscrición previa a través do código QR que consta no cartaz).
Achegamos cartaz.
Animádevos e asistide
PRAZO: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
SÁBADO, 25 DE NOVEMBRO
A dirección
ESPAZO FAMILIAS: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía
A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título
“Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía”
O primeiro faladoiro terá lugar o martes, 21 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas no Centro Social de Boiro. Este obradoiro estará a cargo de Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, que nos axudará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nos estudos académicos.
Contaremos, ao igual que o curso pasado, con obradoiros para a rapazada.
Máis información na web EspazoFamiliaS https://espazofamilias.org/
Achegamos cartel da xornada.
Animádevos a participar!