Segundo Ciclo

Peliculeando con libros

Xa loce na entrada do centro o mural sobre libros e películas que fixo o alumnado de terceiro.

Visita do C.C. Viveiro

O alumnado do segundo ciclo recibiu unha visita moi especial, a do Club Ciclista Viveiro que, ademais de explicar o seu labor, deseñou un circuito de obstáculos para que o alumnado máis atrevido probara as sensacións na bicicleta.

Grazas ao C.C. Viveiro pola visita e por toda a súa actividade de iniciación á bicicleta cos nenos e nenas.

                            

CORAX FAUNA

A visita do alumnado de cuarto a Corax Fauna deixou unha fermosa viaxe pero tamén unhas fotografías fermosísimas que podedes ver premendo na seguinte imaxe.

                             

Antroido no 2º ciclo

                             

A súper acción de Mauricio

A súper acción de Mauricio é un libro creado polas persoas usuarias da Asociación Saúde Mental de A Mariña facilitado por Lucas Requejo. No día de onte viñeron presentar o libro e falar sobre todos eses aspectos co alumnado de cuarto curso. 

Ademais, o alumnado puido gozar coa actuación de maxia do mago Joge, que fixo a delicia de todo o mundo.

 

Grazas e ata outra!

 

                               

Excursión 4º Coruña

Deixamos unhas cantas imaxes da pasada excursión do alumnado de 4º á cidade da Coruña:

                           

RESULTADOS RAP TERCEIRO

                                                         

 

Lembrades que os dous cursos de terceiro fixeron un Rap? Contámovolo no seu momento aquí

Pois xa nos enviaron os resultados e son inmellorables!

Na seguinte páxina poderedes escoitar os do noso alumnado (os dous primeiros) e o de resto de centros polos que pasou a "xira escolar" do programa Rapeando.

https://juanmalodo.bandcamp.com/album/rapeando-obradoiro

Rap en terceiro

En terceiro de primaria puideron gozar coa actividade ofrecida polo Departamento de Normalización Linguística para realizar un rap en galego coa axuda de Juanma Lodo e Esther Carrodeguas. Unha primeira sesión con Juanma para coñecer as caixas de ritmos e efectos, outra con Esther para elaborar as rimas e letras e finalmente a gravación final.

Pronto recibiremos os resultados das gravacións.

No seguinte vídeo temos un resumo dos momentos vividos. Moitas grazas pola visita!

A operiña

Hoxe, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, foi a estrea da nosa operiña, proxecto no que leva inmerso o alumnado de cuarto curso xa dende o ano pasado.

Hai máis de un ano chegaba a proposta da Fundación Bal y Gay de facer unha ópera na que participase alumnado de Primaria. Con cantantes da Escola Superior de Canto de Madrid, actrices da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, músicos de primeiro nivel que a Fundación xuntou para ocasión e a dirección de Javier Fajardo o proxecto podemos dicir que foi todo un éxito. A nosa versión de "As vodas de Fígaro" fíxose realidade e non podemos estar máis felices.

Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, en especial ao noso alumnado que tanto traballou.

 

 

 

 

Cuarto visita Sotavento e o Museo Etnográfico Monte Caxado

O alumnado de 4º viaxou a Sotavento e o Museo Etnográfico Monte Caxado. Velaquí un vídeo resumo da excursión:

Distribuir contido