Benvidos á web do colexio Pedro Caselles de Tomiño!

CEP Pedro Caselles Beltrán

C/ Mosterio s/n

36740 Tomiño

Tlf e fax: 986 622 153

cep.pedro.caselles@edu.xunta.es

 

 

 

ÚLTIMAS NOVAS

OS NOSOS BLOGS

 CURSO 2013/2014


 


  • GRUPO ECOLÓXICO-VOZ NATURA                  

    Empeza a andaina do grupo ecolóxico! Visita o noso blog

     


 

 

 

FESTA DO OUTONO 2014: MAGOSTO E CARREIRA SOLIDARIA

Por fin demos celebrado a nosa festa do outono! Despois de moito aplazar o tempo estivo da nosa parte.

Comezamos neste marabilloso e solleiro día celebrando a Carreira Solidaria "Fame no Sahel". Os nenos e nenas esforzáronse e disfrutaron ao máximo.

Despois xogos, moitos deles relacionados coa auga, o noso tema estrela para este curso.

E como remate coméronse as castañas asadas, que este ano debían estar boísimas, porque non sobrou ningunha.

 

 

 

O outono chega ao Bosque Enmeigado

O outono xa chegou ao Bosque enmeigado. Os nenos e nenas de 1º puxeron o noso bosque así de bonito. Por certo, alguén sabe porque lle chaman así?

5º visita o I Simposium de Escultura do Miño

O alumnado de 5º realizou unha visita ao I Simposium de Escultura do Miño organizado polo Concello de Tomiño. Alí, no espazo fortaleza, nenos e nenas poideron observar de ben cerca o traballo que realizaban os seis escultores que formaban parte do simposium.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

O Festival Fin de Curso é o remate, cada ano, do curso escolar. Este ano non podía ser menos, fantástica despedida para os nenos e nenas de 6º que nos deixan para emprender unha nova etapa das súas vidas.

 

 

 

 

 

Distribuir contido