CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Visita dos nenos e nenas do CRA

Os nenos e nenas de 1º Primaria recibiron o pasado día 8 de maio a visita dos seus futuros compañeiros de ciclo. É dicir, os nenos e nenas que se incorporarán a 1º Primaria o vindeiro curso. Con esta visita, os nenos e nenas coñeceron as instalacións do noso cole, merendaron e xogaron no patio e, por último, antes de voltar ao CRA recibiron un agasallo.