CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

EXCURSIÓN 1º CICLO - AS ACEÑAS, TAMUXE, PARQUE DE PÍAS

Como remate de fin de trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizamos o pasado mércores 30 de marzo unha visita ao muñíño das Aceñas; onde observaron os animais propios da zona na aula de natureza que hai alí mesmo). A continuación, levaron a cabo a andaina dende alí ata ao parque de Pías; onde xogaron moito e merendaron.

Un merecido día de descanso e desfrute do tempo cos compañeiros e compañeiras.

Facede clic na imaxe para ver algunhas fotos desta saída.

GÚSTAME O MEU RÍO I

Hoxe o alumnado de 6º participou na primeira sesión teórica do programa "Me gusta mi río" levada a cabo pola confederación hidrográfica Miño-Sil.

Nas próximas sesións, farán visitas ao río da Pedra onde se converterán en investigadores para estudar a auga, a flora e a fauna.

O programa conta con clases teóricas, saídas, obradoiros, almorzos e rematará cunha visita ao nacemento do río Miño, onde convivirán e intercambiarán experiencias con nenos e nenas doutros lugares de Galicia.

 

 

Promoción de ciclismo

Un día diferente: con bicis polo patio.

Unha das habilidades necesarias para todos os nenos e nenas debe ser a de andar en bici. 

Isto representa unha destreza motórica fantástica, e abre posibilidades infinitas á mobilidade sustentable.

Así, o noso alumnado de 5º, tivo oportunidade de vivir a experiencia da bicicleta no propio centro educativo. 

Algúns demostraron as súas habilidades xa adquiridas, outros poideron progresar na nosa sesión, e algún, incluso, deu os seus "primeiros pasos" con éxito na bici.

ENTROIDO 2023

Entroido por todo o alto no Caselles. Se queredes ver tódalas fotos, premede na imaxe.

Os artensáns, en ringleira, desfilaron ata a praza do Seixo. Pastores, cesteiros, panadeiros, teceláns, apicultores e praceiros do mercado. Diante do concello cantamos as nosas coplas, como non se escoitaron ven, aquí as tedes. Como remate chocolate quente e recreo!

 

 

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro desfilaremos polas rúas de Tomiño cos nosos oficios Artesáns.

Sairemos sobre as 11:00 h. do centro, desfilaremos ata o fondo da rúa Gondomar (Supermercado Día) e logo pola rúa Guarda ata a plaza do Seixo.

No Seixo recitaremos unhas  rimas de entroido, quitaremos unha foto, para regresar ao centro sobre as 12:00 h.

Os pais nais poderedes acompañarnos polas rúas de Tomiño, ata o recinto do centro.

Recordade que luns 20, martes 21 e mércores 22 non temos clase.

Regresamos o xoves 23 de febreiro con todas as actividades do Día de Rosalía.

Bo entroido!

 

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

5º de primaria foi de visita a Santiago. Foi unha viaxe longa e intensa, na que aproveitamos cada minuto de tempo. 

Saímos ben cediño, as 8.00, para chegar ao Parlamento onde nos explicaron o seu funcionamento e visitamos as súas dependencias.

Despois, nunha longa andaina, chegamos ao museo do pobo galego. Alí gozamos dos traballos dos nosos antergos, soubemos da súa maneira de vivir, traballar e festexar.

Logo dunha paradiña para xantar, visitamos a catedral e as rúas e prazas que a rodean.

Rematamos a xornada en Santiago no MUPEGA, o Museo Pedagóxico Galego, onde aprendemos como evolucionaron a educación e as escolas ao longo da historia.

Na volta, aínda tivemos tempo de facer unha paradiña en Caldas de Reis para ver a súa fonte termal e xogar un pouquiño.

Se queredes ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe de abaixo.

ACTO POLA PAZ

No día 30 de xaneiro de cada ano, o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, celebra o Día Escolar da Paz e da non Violencia. Este ano decidimos facer corazóns pola paz, pola paz en Ucraína, pola paz en Etiopía, pola paz en Siria, pola paz en Afganistán, pola paz en Palestina e pola paz en Iemen.

Ningún ser humano debería vivir unha guerra, os que máis sofren son sempre os mesmos, os máis probes, os máis débiles... Moitos nenos e nenas están vivindo situacións que van máis aló dun pesadelo, por eles, por todos, hoxe no Pedro Caselles, os nosos corazóns estiveron con eles.

Para ver tódalas imaxes, preme na foto.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O Xoves 2 de febreiro de 2023, día da Candeloria, abrimos o centro para todas as familias que queren formar parte da nosa comunidade educativa.

Faremos unha xornada de portas abertas de 10 a 12h da mañá.

Ensinaremosvos as instalacións, como traballamos, os nosos proxectos...

(pincha na imaxe)

Distribución de froita e leite na escola

Distribución de froita e leite na escola.

Este curso iniciamos a campaña de distribución de leite e froita na escola a partir do luns, 23 de xaneiro.

Repartirase unha ración de froita e un vaso de leite cada día, segundo calendario adxunto.

Esta distribución farase nos recreos ou momentos previos ao recreo.

Terase en conta as intolerancias certificadas que constan no centro

Agradecemos a vosa colaboración animándoos a comer esa froita e vaso de leite (poderán traer algún complemento para o leite, se prefiren)

CALENDARIO DE DISTRIBUCIÓN 

NADAL 2022

Hoxe despedimos o primeiro trimestre por todo o alto.

A mañá comezou coa visita de Papá Noel que veo cargado de agasallos para as nosas aulas. Queremos dar as grazas a Emma e Cris, da ANPA que xestionaron co mesmísimo Papá Noel esta visita. Se queredes ver as fotos da visita, preme na imaxe.

E despois de dous anos de parón polo COVID, este ano retomamos o noso tradicional Festival de Nadal, ao que estiveron invitadas tódalas familias. Foi impresionante, todo o alumnado do Caselles participou, bailamos, cantamos, dramatizamos... e pasámolo xenial. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

 

7

Distribuir contido