CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Compost

Proceso de elaboración de compost a partir dos residuos orgánicos xerados no centro.

COÑECEMENTO DO MEDIO

proba

Fabricamos as nosas propias composteiras

No outono temos moitas follas que caen no patio. Así que decidimos aproveitalas para fabricar compost.
Cun pouco de maña non resulta difícil fabricar estes depósitos de follas que se transformarán en terra boa para plantar.

Construcción da malla

Colocamos o cilindro de malla vertical, apoiado en tres estacas, e lle poñemos unha bolsa de plástico que previamente foi perforada por moitos lados, para que poida  ventilar, e para que suban da terra as miñocas que facilitarán a descomposición das follas.

Colocando a bolsa

Finalmente nos quedará enchelas de follas. Para iso temos no colexio moitos colaboradores.

Composteira a pleno rendemento

Os alumnos e as alumnas están aprendendo a facer recollida selectiva de residuos tamén no patio:  nestas composteiras botan os restos do bocadillo, da mázá, a monda do plátano, a galleta que lle caeu ao chan e non pode comer... todo o que serve para facer compost.
Pero non botan os plásticos, nin os botes do zume, nin o papel de aluminio... todo iso ten outros lugares nos que botar.

 

Distribuir contido