CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Viveiro

Actividade de criar árbores durante o inverno a partir de sementes

Así medran as nosas plantas do viveiro

 

Podedes ver que as nosas plantas están medrando a gran velocidade, sobre todo os bulbos de tulipán:

 

--

Facendo de viveiristas

Os alumnos de primeiro fixeron de viveiristas o venres, 4 de febreiro

Viñeron da Asociación de Viveiristas e trouxeron bulbos de tulipáns e planta de xeranio. Cada neno e nena plantou e agora terán que coidalos para que medren e fagan un fermoso xardín.

Poderemos ver o traballo de tódolos colexios na exposición que organizarán no mes de maio en Goián.

 

Podedes ver as fotos do noso traballo:

As nosas árbores van medrando

00/00/
Array

A data de hoxe xa temos unha morea de árbores nas aulas ou nas zonas medrando nos cartóns de leite.

Algunhas xa miden 15 cm de alto. E non deixan de medrar.

 

Este é o terreo no que plantamos árbores

Neste mapa podedes localizar o terreo da Comunidade de Montes de Tomiño que nós estamos a reforestar. En poucos anos será unha zona de arborado espeso. Fai clic na imaxe e poderás acceder ao mapa de Google.

Os de 3ºB fan unha visita ecolóxica polo centro

 

Os de 3º B fan unha excursión polo colexio. Descubren así, cada rincón ecolóxico do mesmo e as súas finalidades. A intención da mesma é que adquiran así unha maior conciencia ecolóxica.

No recreo, planto

Xa podes plantar sementes de castiñeiro ou carballo no recreo. Os voluntarios do grupo ecolóxico agárdante no seu recuncho. Trae un cartón de leite ou zume, e unha castaña ou landra.

Instrucións para a plantación

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Nos meses de setembro a decembro, os alumnos do grupo ecolóxico estiveron durante os recreos no patio do colexio preparados para que tódolos alumnos que quixeran, poideran plantar unha semente de castaña, landra, etc no cartón de leite.

Esta foi a explicación para que coñeceran o procedemento:

Posto de plantación dos recreos

 

Tódolos alumnos que desexen plantar deben levar un cartón de leite ou zume (preferiblemente xa cortado por arriba, limpo, e co nome e curso do propietario), e as súas sementes de carballo, castiñeiro ou nogueira.

 

As plantas permanecerán nas súas aulas (un recanto perto das ventás, para recibiren luz suficiente).

Deberán regarse, nun primeiro momento, unha vez por semana (ou dúas, dependendo das condicións de calor). Para regar resulta moi práctica unha botella de auga cun pequeno buraco no seu tapón.

 

As árbores tardarán un tempo a xerminar. Mesmo é normal que non o fagan antes de xaneiro, pero seguro que nacerán a maioría.

Unha vez nacidas as árbores, hai que vixiar con máis regularidade o seu regado.

Cada neno poderá cultivar varias plantas (agás que os titores lles poñan límite por cuestión de espacios, organización da aula, etc.)

Aproximadamente no mes de abril, coas plantas xa ben medradas, haberá que sacalas da aula (empezan a coller

enfermidades nas follas, as súas raíces non collen no envase...

Preparando o terreo para trasplantar os plantóns de carballos e castiñeirosTemos un espacio habilitado na parte de atrás do colexio para trasplantar estas árbores e crialas alí.

Así pois, nesa época de abril/maio iremos trasladando estas árbores.

Os alumnos que o desexen poderán levalas á súa casa para plantar alí.

 

 

 

Distribuir contido