Skip to Content

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo, día da poesía,  Tentalibros sorprendeu a todo o alumnado do cole cuns retos a resolver basados nun poema de Anxo Iglesias do libro "Unha nova dimensión".

E é que a poesía é DIVERTIDA!

 

SEMANA DA PRENSA

Pola Semana da Prensa e aproveitando que nestes días celebramos o día da Muller Traballadora, leváronse a cabo varias entrevistas na radio. Na primeira volta, o alumando de 3º e de 6º, entrevistou a dúas avoas do noso centro, que adicaron a súa vida ao coidado da horta e da familia. Na segunda volta de entrevistas, o alumnado de 2º e 5º entrevistou a tres mulleres do centro de día, que nos falaron de como foi a súa vida laboral, que empezou moi cediño, con 13 anos! e desenvolvendo traballos moi moi duros!

Toda unha aprendizaxe despois de escoitar ás nosas maiores!

Moitas grazas a todas por acompañarnos e compartir a vosa experiencia, sabiduría e recordos connosco!

Podedes escoitar as entrevistas completas no apartado de "Radio Ladeira"

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1020

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1024

 

 

 

17º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Esta semana imos con 1º e 4º, os radiofónicos máis radiofónicos de todo Sabaris...

 

 

SEMANA DA POESÍA

NA SEMANA DA POESÍA TENTALIBROS PREPAROU UNHA EXQUISITA SELECCIÓN DE LIBROS DE POESÍA CON MOITAS NOVIDADES.

A DESFRUTALA!

ATENTOS E ATENTAS AO CORREO DE TENTALIBROS! ESTA SEMANA TEREDES MENSAXE DA NOSA MASCOTA CUNS RETOS MOI DIVERTIDOS!

16º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Continuando coa conmemoración do día da muller traballadora, recibimos unha visita moi especial, nos contan a súas vivencias nos seus longos anos de vida. Atent@s...

 

 

 

NOVIDADES NA BIBLIO

GAÑADORAS DO 1º CONCURSO FOTOGRÁFICO DO ENTROIDO 2024 DO CEP SABARÍS

Aquí as fotos gañadoras do 1º Concurso Fotográfico do Entroido 2024 do CEP Sabarís:

3º Premio: Taza do CEP Sabarís

Para a foto de Carmen García de 6º A

2º Premio: Pendrive con forma de cámara de fotos

Para a foto de Ada Goyanes de 6º A

1º Premio: Cámara de fotos

Para a fotografía de Noa Fernández de 5º

Aquí as premiadas cos seus agasallos:

15º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Semana especial na nosa Radio. Co gallo de 8M recibidos a visita de dúas avóas q nos contan a súa experiencia na horta, ó largo da súa vida. Moi interesante...

 

 

BIBLIOTECA PARA FAMILIAS

ESTAMOS DE ESTREA!

Queridas familias, queremos darvos a coñecer este novo espazo da biblio. Na entrada do cole tedes á vosa disposición a "Biblio familias" con dúas zonas diferenciadas: 

  • Zona de préstamo de libros da biblioteca do centro. Só tedes que rexistrar o libro ou libros que levades emprestados e desfrutar deles durante dúas semanas.
  • Zona de intercambio de libros. Son libros que podedes aportar da casa para compartir durante este curso. Con só aportar un xa poderedes desfrutar de todos os libros deste recanto. Nesta zona atoparedes dous cadernos de rexistro: un para anotar os libros que aportedes e outro para anotar os que vos levades para ler. Ao finalizar o curso devolveranse os libros aos seus donos e donas.

Animádevos a participar nesta iniciativa. Cantos máis aportemos, máis rico será o recanto e máis poderemos desfrutar da lectura!

 

GRAZAS E FELICES LECTURAS!

 

    ZONA FONDOS COLE
 

  ZONA DE INTERCAMBIO APORTACIÓNS FAMILIAS

 
 
 
 
Distribuir contido


    

by Dr. Radut