Skip to Content

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

 

 

 

O venres, 23 de febreiro, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora, poeta e referente absoluto da cultura galega.

Dende o CEP de Sabarís, homenaxeamos a nosa autora máis universal co desenvolvemento de diferentes actividades.

 

 

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO, MÁIS PRESENTE QUE NUNCA ESTE MES NOS CORREDORES DO CENTRO, NA BIBLIO, NAS AULAS E NA RADIO!

21 DE FEBREIRO, DÍA DA LINGUA MATERNA

O Mércores 21 de febreiro celébrase o día da lingua materna, e que mellor xeito de facelo que desfrutando da visita dunha recoñecida autora galega, María Canosa. O alumnado de 1º e 2º leu a súa obra "Lobo Ramón", libro do itinerario lector para este curso e tiveron a sorte de coñecer á autora, facerlle un milleiro de preguntas e mais de que lles asinara os libros.

Moitas grazas pola visita!

 

 

13º EDICIÓN RADIO LADEIRA

...E despois do parón entroideiro aqui estamos de volta, 2º e 5º en escea...!!!

 

1º CONCURSO FOTOGRÁFICO DO ENTROIDO 2024 DO CEP SABARÍS

O alumnado do CEP Sabarís convertiuse por un día en fotógrafos e fotógrafas, creando o seguinte estudio fotográfico. Están feitos uns artistas!

 

 

Entroido 2024

ENTROIDO 2023/24

A SEMANA DO 5 AO 9 DE FEBREIRO CONMEMORAMOS O ENTROIDO NO CEP DE SABARIS. CUMPRIMOS AS ORDES DO MECO, DESFILAMOS POLA VILA DE SABARIS, FIXEMOS BAILES E GOZAMOS DUNHA MERENDA TÍPICA DESTE FESTEXO. PASÁMOLO MOI BEN!!!!

 

 

NOVIDADES DE FEBREIRO

CELEBRAMOS O DÍA DA ILUSTRACIÓN CON IVÁN R.

E como xa dixemos que pasaría... o venres celebramos o día da ilustración con Iván Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Os Winkle, máis finos ca un allo" e outros moitos que temos na nosa biblio!

Foi unha mañá xenial na que Iván nos achegou ao mundo da ilustración, desfrutamos de novo da historia dos Winkle e practicamos como ilustradoras e ilustradores.

Moitas grazas Iván pola túa visita!

 

12º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Esta semana recibimos a visita d@s nen@s de 3º e 6º, na emisora máis escoitada do Val miñor...

 

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

FELIZ DÍA DA PAZ

O alumnado colaborador da biblioteca, para conmemorar este día, preparou unha xornada chea de contos pola paz con historias que nos fixeron reflexionar.

Moitas grazas compis! Fixestes un gran traballo!!!

 

Distribuir contido


    

by Dr. Radut