Skip to Content

NOVIDADES

Tentalibros selecciona libros fantásticos para a nosa biblio. Aquí tedes as últimas adquisicións.

5º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Recibimos a visita , nos nosos estudos centrais, d@s locutor@s de 2º e 5º. Fantásticos...!!!

 

 

4º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Hoxe nos visitan 3º e 6º, cunha aportación moi especial dos pequechos de 1º, que nos dan unha gran noticia. Atendede...

 

 

 

3º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Esta Semana temos @s alumn@s de 1º e 4º. Grandes radiofonistas...!!!

 

PRIMEIRO LIBRO DO ITINERARIO LECTOR

2º EDICIÓN RADIO LADEIRA

Turno para @s alumn@s de 2º e 5º

 

 

PRIMEIRO MES EN 5º!

Aquí tedes algunhas fotos destes primeiros días de curso. Houbo tempo para todo: para traballar, para aprender, para xogar, para levar a cabo obradoiros, acudir a faladoiros, momentos estelares, radio, etc.

 

 

 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O martes 24 celebramos o día das bibliotecas escolares e fixémolo, como xa é costume, presentando a guía de uso da nosa biblio a todo o alumnado e despois cunha sesión de contacontos, "Os Winkle, máis finos ca un allo"de Iván Rodríguez, co que escachamos a rir con esta familia tan singular e ademais, deste xeito, Tentalibros presentounos o proxecto anual deste curso 2023-24: "Miña horta, meu xardín: sementando futuro". Para rematar, Tentalibros tíñanos preparado un obradoiro onde elaboramos uns saquiños de romeu. Coñecemos algunhas das propiedades desta planta medicinal e nós pensamos levalos nas mochilas para relaxarnos cando consideremos necesario!

 

 

 
LEMBRADES O RETO QUE NOS PROPUXO TENTALIBROS?
TEDES AQUÍ O RESULTADO!!
 

APERTURA BIBLIOTECA 2023-24

QUE POUQUIÑO QUEDA!

O DÍA 24 DE OUTRUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E NÓS, COMA SEMPRE, FACÉMOLO DANDO A COÑECER A NOSA BIBLIO AO NOVO ALUMNADO E PROFESORADO, RECORDANDO A GUÍA DE USO DA NOSA BILIO E PRESENTANDO O PROXECTO ANUAL DE CENTRO.

ATENTAS E ATENTOS PORQUE TENTALIBROS XA TEN CASE TODO PREPARADO!!

MENTRES TANTO DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN VÍDEO COA GUÍA DE USO DA NOSA BIBLIOTECA PARA QUE VOS VAIADES FAMILIARIZANDO CON ELA.

VÉMONOS AXIÑA!

 

 

1º EDICIÓN RADIO LADEIRA 2023/2024

Imos aló. O noso primeiro programa de Radio Ladeira deste curso 2023/24 xa está aquí. Os pequechos de 3º e 6º están ó micro...

 

Distribuir contido


    

by Dr. Radut