A SEMANA CIENTÍFICA

Estimados pais/nais:

Na semana do 18 ao 22 de abril faremos no colexio a nosa "Semana científica".

O luns 18 e o martes 19 os nenos/as terán sesións con científicos de verdade. Nestas sesións explicaranlles como é o traballo dos científicos e, sobre todo, farán eles mesmos experimentos coas súas propias mans. Serán sesións moi prácticas, de ver, de tocar, de mesturar,..., por que é a forma máis eficaz e divertida de aprender.

Ademais, teremos nos corredores do colexio, durante toda a semana, unha exposición de 12 paneis relacionados co mar: animais do mar, pesca artesanal, paisaxe,... Tamén teremos expostas mostras de animais mariños para poder coñecer como son por dentro e por fora.

É unha actividade totalmente gratuita para os alumnos/as. O centro asume os custos da actividade para que todos/as poidan desfrutar dela.

Queremos invitar ás familias a que a veñades a coñecer. Durante toda esa semana, o colexio fará unhas sesións de portas abertas nas que, de 16 h. a 18 h., poderedes vir e visitala. Os vosos fillos/as serán os mellores guías da exposición.

 

La Voz de Galicia cubreu a noticia da nosa semana de ciencia

Powered by Drupal - Design by artinet