CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Entrenamos duro...

 

Demos todo na carreira...

 

E velaiquí os resultados!

SAMAÍN

Celebramos o Samaín na escola. Que medo!

 

CANCIÓNS DA TERRA

O ano pasado, os nenos e nenas do Ferro Couselo, conxuntamente cos de Baño, recolleron cancións tradicionais dos seus maiores e fixéronlle uns bonitos debuxos. Froito dese traballo é este libro:

"Cancións da terra".

 

A MALLA

Coma tódolos anos, fixemos a festa da malla no cole.

 

E con pandereteiras e todo!

 

ENTROIDO 2014-2015 (O CIRCO)

Vídeo resumo da celebración do Entroido no cole. Quedou fabuloso!

Moitas grazas pola axuda cos disfraces, canto colorido!

 

 

Pincha na imaxe para ver o VIDEO.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/16

Tedes toda a información no seguinte enlace:

 

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

 

Adxuntamos a lista provisional de alumnos/as admitidos.

 

Adxuntamos a lista definitiva de alumnos/as admitidos.

 

O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Proxecto MÓVETE +

 

Axúdanos a gravar o noso vídeo de "Mallando"... Os pais, nais, avós... que queirades estades invitados a pasar polo cole o martes 9 de xuño, ás 11:00 h., para bailar todos xuntos esta canción. Practica os pasos de baile co video dos panadeiros:

As nosas medallistas

As nosas medallistas

Campo a través Negreira 2014

Un ano máis fomos invitados a carreira escolar máis importante de Galicia, a que organiza a ADE Escolarix xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Preto de 1000 nenos/as tomaron parte o mércores 03 de decembro, en Negreira, dunha proba cun nivel moi esixente e na que participaron 12 colexios.

Os nosos nenos/as pasárono en grande , xa que o tempo acompañou e non nos choveu nada. Ademáis, este ano trouxémonos dúas medallas en categoría benxamín femenino.

I Campaña de recollida de xoguetes eléctricos e electrónicos nos centros escolares do CONCELLO DE VALGA

      Logo da charla que tivemos sobre a reciclaxe no colexio, agora colaboramos co concello de Valga na I Campaña de recollida de xoguetes eléctricos e electrónicos nos centros escolares do Concello de Valga. 

       No hall do colexio temos habilitado un recuncho onde depositar os vosos xoguetes, para posteriormente ser debidamente reciclados.

Powered by Drupal - Design by artinet