LETRAS GALEGAS 2015-16

Para a homenaxe ao poeta lucense Manuel María fixemos un mural con traballos sobre as poesías dos "Soños na Gaiola".

Ese mural foi un fondo perfecto para as actuacións musicais e a lectura de poemas que fixemos na memoria deste gran poeta.

Aquí podedes ver un resumo das actuacións musicais:

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ven de publicarse a Orde que regula este procedemento. Tedes aquí o enlace para acceder á información:

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

TEATRO EN INGLÉS

O pasado venres 15 de abril os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro tivemos unha contacontos en inglés. Pasámolo bomba!

EDUCACIÓN VIAL

O pasado mércores, 13 de abril, fixemos unhas prácticas de educación vial na escola. Con karts e todo!

CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado 30 de marzo fomos ver un concerto didáctico a Santiago de Compostela. Pasámolo xenial!

A CORUÑA

O pasado 23 de febreiro fixemos unha saída para visitar os museos e o acuario de A Coruña. 

Velaiquí tedes algunhas fotiños:

A SEMANA CIENTÍFICA

Estimados pais/nais:

Na semana do 18 ao 22 de abril faremos no colexio a nosa "Semana científica".

O luns 18 e o martes 19 os nenos/as terán sesións con científicos de verdade. Nestas sesións explicaranlles como é o traballo dos científicos e, sobre todo, farán eles mesmos experimentos coas súas propias mans. Serán sesións moi prácticas, de ver, de tocar, de mesturar,..., por que é a forma máis eficaz e divertida de aprender.

ENTROIDO 2015-16 "Danzas do Mundo"

Bailes do Entroido "Danzas do Mundo":

Este ano adicamos o Entroido ás diferentes danzas do mundo, de distintos lugares ou épocas.

Preparamos uns bailes moi divertidos para lucir ben os disfraces que estaban fermosísimos!

Que ben saíron os bailes, como sempre, o día da da actuación damos o mellor de nós!

Aquí podedes ver os bailes dos seis cursos:

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE 2015/16

      Un ano máis, participamos na carreira de Campo a Través do Deporte Escolar celebrada en Negreira.

      Preto de 1000 participantes e 12 colexios démonos cita no circuito da localidade nicrariense. O resultado non puido ser mellor: actividade física, esforzo, compañerismo e moita diversión. Ata nos trouxemos dúas medallas na categoría alevín femenino.

 

Powered by Drupal - Design by artinet