logo

 

cabecera

As TIC en "tecnoloxías"


Mª Paz Freire Campo
IES Paseo das Pontes


«Tecnoloxías e prensa» é unha experiencia desenvolta no IES Paseo das Pontes nos últimos tres cursos (2007-08, 2008-09, 2009-10) na materia de Tecnoloxías de 3.º de ESO, (consistente nunha rede de blogues que recollen informacións e comentarios sobre a actualidade tecnolóxica), experiencia integrada nunha unidade didáctica máis ampla: a unidade «Internet e novas tecnoloxías» parte da programación didáctica de Tecnoloxías de 3.º de ESO.


Esta proposta didáctica consiste en facer o seguimento, a través da prensa dixital, das últimas novidades relativas aos avances tecnolóxicos e os seus impactos sociais e ambientais e crear documentación electrónica accesible para a consulta por parte de todo o alumnado


Forma parte dos obxectivos da materia de Tecnoloxías xerar hábitos de traballo colaborativo. Cando se comparten informacións e comentarios estase a favorecer o debate e a reflexión crítica

A experiencia inicial, desenvolta por Paz Freire Campo e Beatriz Méndez Mareque foi seleccionada na convocatoria 2008 de Premios de Innovación Educativa convocados pola Consellería de Educación e está publicada en

http://centros.edu.xunta.es/ contidos/premios08/?p=435.

Xustificación da experiencia "Tecnoloxías e prensa":

Internet e Telecomunicacións son contidos de Tecnoloxías de 3.º de ESO, ambas son unidades que abranguen contidos de informática (hardware e software) e de novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Contidos con avance tan vertixinoso que ningún libro de texto pode manter actualizados. Non ten sentido falar de «novas» tecnoloxías e carecer dos últimos datos, datos que tan só os medios de comunicación recollen de forma inmediata.

As edicións dixitais da prensa constitúen un dos accesos máis directos para alumnos e alumnas usuarios e usuarias da Internet. A prensa pode proporcionar a información máis recente. Todas as novidades relacionadas coas novas tecnoloxías son noticia: os avances, problemas ocasionados, vantaxes...

Esta proposta didáctica consiste en facer o seguimento, a través da prensa dixital, das últimas novidades relativas aos avances tecnolóxicos e os seus impactos sociais e ambientais e crear documentación electrónica accesible para a consulta por parte de todo o alumnado.

Para desenvolver a unidade primeiro cómpre construír unha estrutura de comunicación entre alumnado e profesorado empregando un dos correos electrónicos gratuítos existentes.

O seguinte paso é seleccionar temas, organizar o seguimento por grupos e comezar a elaborar e publicar información sobre aspectos das novas tecnoloxías (utilizando un servizo gratuíto para crear weblogs).

A unidade didáctica engloba actividades de utilización de aplicacións informáticas, explicacións e manipulación de compoñentes de hardware, encamiñadas a obter unha visión completa do que é o hardware, o software e o avance mais o impacto da evolución das novas tecnoloxías da información e a comunicación, ademais de valorar o seu emprego.

Ao comezarmos esta actividade propuxémonos unha serie de obxectivos didácticos que se poden resumir en:

Educación en valores

Os contidos da unidade permiten abordar diversos aspectos da educación en valores. As noticias de cada día axudan a comentar aspectos positivos e negativos das novas tecnoloxías, impactos sociais (adiccións, fraudes, desigualdades), avances (PDA, móbiles, wi-fi, módems, ...), novas formas de relación e comunicación (redes sociais, galerías de imaxes...).


Os contidos da unidade permiten abordar diversos aspectos da educación en valores. As noticias de cada día axudan a comentar aspectos positivos e negativos das novas tecnoloxías, impactos sociais, avances e novas formas de relación e comunicación
A actualidade e a frescura das noticias favorece o comentario crítico e o debate (piratería, software libre...) sobre o uso correcto das novas tecnoloxías.

Son temas importantes na educación en valores dos e das estudantes:

Metodoloxía de traballo

A metodoloxía prestará atención aos coñecementos adquiridos previamente polo alumnado e a partir destes ampliar con outros novos, tendo sempre en conta o principio de actividade no que o discente é protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe. Deste xeito, empregarase unha metodoloxía de traballo totalmente activa, facendo do uso o mellor procedemento para o manexo e a aprendizaxe por parte dos alumnos. As técnicas de estudo e traballo que pretendemos aplicar co alumnado pódense resumir nos seguintes puntos:

Actividades previas necesarias (e realizadas en unidades anteriores):

Informacións previas:

Como reto propónselle ao alumnado escoller un artigo dunha edición dixital da prensa relacionado coas novas tecnoloxías para extraer o tema central e definir o vocabulario técnico máis relevante. Na selección de temas, previamente realizada polo docente, procurarase evitar repeticións para cubrir un abano amplo da actualidade.

A partir de aí xorde o formato para o documento web: o blogue, unha forma de expresión do traballo que permite que compañeiros e compañeiras poidan lelo e completalo.

Unha vez creado o blogue márcanse obxectivos a curto e longo prazo, elementos para engadir, actualizacións...

Avaliación das actividades e das competencias adquiridas

As ferramentas axeitadas para avaliar o grao de adquisición das competencias e o éxito da experiencia e da unidade didáctica son:

Despois de realizar a experiencia en dous cursos, 2008-09 e 2009-10, resultan salientables algúns aspectos: