Linguas Estranxeiras
Bookclub. Last meeting.
Dear colleagues,
Please, do not forget that we will hold our last book club meeting on the 24th at 6.30, the same place as usual. Please think about a place and a date for the end- of- the-course dinner.
In the meantime enjoy your swimming…..

Physics, Chemistry...and English
O pasado mércores contamos con Jesús Fidalgo, profesor de física e química no IES de Ames, no curso de Seccións Bilingues.Jesús deunos unha magnífica charla sobre cómo planificar unha clase CLIL e amosou exemplos do seu traballo de aula.
Dende aquí o noso agradecemento e unha mostra do seu traballo.
How languages are learned.

Durante os días 19 e 20 do presente mes tivemos o pracer de contar con Robin Walker en dúas sesións do curso Seccións bilingües: principios e prácticas. Poidemos asistir a unha interesantísima reflexión sobre o proceso de aprendizaxe das linguas estranxeiras. Tamén traballamos, baixo a dirección do señor Walker, na planificación e a avaliación de secuencias didácticas dende a perspectiva CLIL, integración do ensino de linguas e contidos.Dentro das lecturas que o señor Walker considera imprescindibles están:
MacMag Online: An introduction to scaffolding in the CLIL classroom
Providing language support in CLIL, by John Clegg.
Foron dúas sesións moi gratas e altamente productivas, polo que dende aquí agradecemos ao señor Walker a súa colaboración.

Curso Seccións bilingües: principios e prácticas.
O pasado xoves comezou no local CFR de Ferrol o curso Seccións bilingües: principios e prácticas. Os obxectivos do curso son o de familiarizarse con principios metodolóxicos básicos que favorezan o proceso de ensinanza-aprendizaxe CLIL, así como o de explorar os recursos multimedia dispoñibles para desenvover a competencia lingüística e finalmente o de favorecer o desenvolvemento das competencias básicas integrando contidos de distintos ámbitos a través de tarefas e proxectos globalizadores.O curso constará das seguintes sesións:
08/03/2012 18:00 - 20:00
CLILing, o cambio de "chip".
Xabier Sanisidro Agrelo.( Director Dpto. Form. del Profesorado- CIL-Lekaroz Navarra )
15/03/2012 18:00 - 20:00
Experiencias na aula: Seccións bilingües.
María Pernas Fraga
17/03/2012 10:00 - 14:00
CLIL Project Work.
Ángela Alvarez-Cofiño
19/03/2012 18:00 - 21:00
How languages are learned .
Robin Walker
20/03/2012 18:00 - 21:00
Planning and assessment for CLIL classes .
Robin Walker
26/03/2012 18:00 - 20:00
Elaboración de materiais CLIL en inglés para Ciencias Sociais.
Clara Cristela Rodríguez
28/03/2012 18:00 - 20:00
CLIL: Physics, Chemistry...and English.
Jesús Fidalgo.
Conferencia de Puerto Menéndez

O pasado luns tivemos o pracer de contar con dona Puerto Menéndez na conferencia titulada “A biblioteca escolar como centro de recursos para a aprendizaxe.”
Puerto lembrounos que na sociedade do século XXI necesitamos ter habilidades avanzadas para acceder á información e que é a nosa obriga como docentes formar a os noso alumnos na procura e selección das fontes de información fiables, que en definitiva son as que posibilitan a construcción do coñecemento.
Enlace coa aula virtual do IES nº 5 de Avilés.
Speaking Workshop.
by jonny goldstain. Under a Creative Commons license.
O vindeiro xoves día 2 conenza o curso Speaking Workshop no local do CFR. Os obxectivos do curso son o de promover o coñecemento e a reflexión sobre a competencia en comunicación lingüística oral e o seu tratamento no currículo así como o de favorecer a mellora da competencia lingüística oral do profesorado e amosar recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais nas aulas.As relatoras do curso son dona Ana Demitroff e dona Julie Guravich.O curso constará das seguintes sesións:
02/02/2012 Chants.
06/02/2012 Re-thinking routines.
09/02/2012 CLIL through the back door.
13/02/2012 Drama and role plays.
16/02/2012 Putting it into practice.
29/02/2012 Why don´t my students speak? Tricks and treats.
02/03/2012 Healthy, Wealthy and Wise.
07/03/2012 This planet we live on.
09/03/2012 Let me entertain you .
14/03/2012 Is this fair?
Nova reunión do club de lectura Teachers by Day.
Thank You all for Coming!
I just wanted to say thank you to everyone that showed up for the first bookclub meeting! Everyone seemed really interested in discussing the story and practicing English! I hope to see you all next time on January 19th. We'll be talking about science fiction stories from A Window on the Universe.

CFR de Ferrol Book Club.
O próximo xoves, día 24 de novembro retomamos as reunións do club de lectura en inglés Teachers by Day. Se están interesados en formar parte do club de lectura, por favor contacten coa asesoría de Linguas Estranxeiras.
