Saltar navegación.
Inicio
  • user warning: Table 'cfrlugo.print_mail_node_conf' doesn't exist query: SELECT link, comments, url_list FROM print_mail_node_conf WHERE nid = 95 in /srv/www/drupal/includes/database.mysql.inc on line 174.
  • user warning: Table 'cfrlugo.print_node_conf' doesn't exist query: SELECT link, comments, url_list FROM print_node_conf WHERE nid = 95 in /srv/www/drupal/includes/database.mysql.inc on line 174.

CFR de Lugo

CFR´s

Ao longo das páxinas deste sitio web, do CFR de Lugo, poderás consultar toda a información sobre a formación do profesorado que necesites.

Recoméndamosche que navegues polas diferentes categorías, se non atopas o que desexas usa o buscador da esquerda.

O Centro de Formación e Recursos de Lugo, seguindo a súa iniciativa da mellora continua na prestación dos seus servizos, define a:

Visión: ser líderes na formación continua do profesorado, na innovación pedagóxica, nos recursos dispoñibles para as accións formativas, na calidade dos servizos prestados, na implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen para favorecer a aplicación na aula de metodoloxías de vangarda, potenciando a inclusión das TIC nas áreas curriculares.

Misión: garantir a calidade da ensinanza a través da formación do profesorado, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e a obriga de todo o profesorado á súa actualización científica e didáctica para a mellora continua da súa cualificación profesional.

Valores: estimular a competencia técnica, que sería o coñecemento, o saber. A competencia nos métodos, que é a capacidade do saber facer. A competencia para participar, o saber estar. A competencia emocional, algo fundamental que ten relación co persoal, coa calidade persoal, que sería a personalidade, é dicir, o saber ser, e finalmente, aprender a desaprender.


Distribuir

Distribuir contido
Distribuir contido