|
|
Benvidos ao CIFP Carlos Oroza
Para propostas de mellora desta páxina envía un correo a cifppontevedra@gmail.com
Enviado por Anónimo en Xov, 02/07/2013 - 02:03.
Acreditación de competencias 2013No Diario Oficial de Galicia do luns, 20 de maio, se publica a convocatoria de ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS para o ano 2013. Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion-competencias-convocatoria-2013
Enviado por DIOP en Mar, 05/21/2013 - 09:49. categories [ ]
Roberto Vidal Bolaño,o pallaso é un poeta en acción
Estas xornadas homenaxe á figura e obra de Roberto Vidal Bolaño, foron unha mostra máis dun traballo en equipo e colaboración de toda a comunidade educativa do C.I.F.P Carlos Oroza, non só polas actividades previas de achega á vida e obra do autor de cara ao deseño da exposición e actividades didácticas, lectura dramatizada, escolma do monólogo “ Sen ir máis lonxe”, e elaboración do menú “Caprice de Vidal” e “Cóctel Bolaño”, senón tamén, pola suma de traballo e creatividade aderezado co bo humor e boa disposición dos participantes. A triloxía palabra-alimento-pracer resultou ser unha andaina gustativa polas letras e gastronomía do noso país: tallaríns da serra do Courel de Uxío Novoneyra, rissotto urbán con Lois Pereira, solombo de porco e queixo Álvaro Cunqueiro, e por suposto, o nariz do pallaso tristón. Baixo a inexorabilidade do cronómetro, as implacables fichas avaliadoras do xurado, o alumnado seleccionado procedeu a elaboración da súa proposta do "Cóctel Volaño"... Presión da espera, deliberación do xurado, emoción do aplauso e o orgullo de José Ramón Iglesias Rodal por ter acadado o primeiro premio do concurso. Todo un cóctel de creatividade, sabor, olor e cor, unha homenaxe ben peculiar ao noso dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Os días 13, 14 e 15 de maio, o chapeu de Roberto rolou polas nosas mentes, sementando a curiosidade, tocando as teclas do pensar, provocando, e invitando a afiar o maltreito punteiro da lucidez e da reflexión, indispensables no proceso de formación humanística. A sombra do chapeu deste singular creador do teatro galego é quen de brillar, dez anos despois do seu pasamento, entre os máis salientables pensadores, pola súa vixencia, sinceridade e sensibilidade.
Créditos: Xornadas coordinadas por Consuelo Vercher, EDLG. Menú “Caprice de Vidal” - C.M. de Cociña e gastronomía a cargo de Jacobo Otero e Elena Peleteiro. Tina Vázquez , responsable do deseño do concurso, desenvolvemento da actividade e avaliación dos participantes, xunto con Diego Mosquera, Pilar Tallón e José Manuel Rei. Servizo e decoración en sala realizado polo C.S. de Dirección de servizos en restauración, a cargo de José Manuel Rei. Concurso “Cóctel Bolaño”- Mise en place da sala a cargo do C.M Servizos en restauración a cargo de Carlos Rodríguez. Deseño, elaboración de guía didáctica, e exposición de paneis a cargo do EDLG e biblioteca. Deseño de minuta realizado por Mª José Lores. Equipo audiovisual Alberto Rodríguez. Lectura dramatizada cos actores: Jorge Verdeal, Ana Beatriz López, e Tina Otero, presentados por Tareixa Casal. Agradecementos a todo o profesorado que acompañou ao alumnado nas actividades Vidal Bolaño 2013, ademais da mención especial a Sergio e Carlos, que nos aturaron e axudaron en numerosas tarefas.
Enviado por Tareixa en Mér, 05/15/2013 - 13:43.
Actividades de formación en linguas estranxeiras 2013Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes e ábrese un prazo de 10 días naturais (do 15 ao 24 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. Pica para acceder ao estado da túa solicitude de formación en linguas estranxeiras.
Enviado por Tareixa en Mar, 05/14/2013 - 21:31.
|