Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Admisión para os ciclos formativos en modalidade DUAL

Convocatoria para o curso 2016-2017


Publicada no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades para o curso 2016-2017.

Acceda á Orde do 6 de xuño de 2016 

Requisitos das persoa solicitantes

  • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13:00 horas do día 28 de xuño de 2016.

Presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

 Modelo de solicitude

Oferta de ensinanzas

 



page | by Dr. Radut