Novas FP
Selección de estadías formativas 2024. Resolución provisional
Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
O prazo para efectuar reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Data límite para reclamacións: 03/04/2024 (incluído).
Proposta provisional de adxudicación de mobilidades. Persoal Erasmus+ KA131-HED-000064182
Publícase a proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo de presentación de reclamacións ou renuncias será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.
Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2024
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2024 de probas de carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 8 de abril de 2024.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2024. Listaxes provisionais de inscrición e exencións
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
Período de reclamación: do 18 ao 22 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.
Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000147436
Publícase a Resolución do 13 de marzo de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA131-HED-000147436.
Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2024-2025
Publicada a Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B)
Relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2024
Publicada a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional).
Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.
O prazo de presentación da documentación requirida será do 9 ao 18 de marzo, ambos os dous incluídos.
Relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024
Publicada a resolución do 5 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024, convocados na Resolución do 10 de xaneiro de 2024.
Resolución de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242
Publícase a resolución de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e persoal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con responsabilidade na xestión das ensinanzas de Formación Profesional.
Listaxe provisional de centros seleccionados no programa Aulas de emprendemento na FP
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento 2024 convocada pola Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo para presentar reclamacións, emendar erros ou completar documentación estará aberto do 6 ao 15 de marzo, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2024 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Que son?
Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou organismos equiparados para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Convocatoria
Para o ano 2024 convócanse 150 prazas de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.
Destinatarios
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
- Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Obxectivos
- Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
- Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.
Modalidades
- Modalidade A: estadías formativas en empresas ou organismos equiparados acollidos a este programa referidas no anexo I da convocatoria.
- Modalidade B: estadías formativas noutras empresas ou organismos equiparados
Inscrición
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
1ª fase: ata o 7 de marzo de 2024
2ª fase: ata o 18 de marzo de 2024
Período de realización e duración
Desde o 15 de abril ata o 06 de setembro de 2024, cunha duración máxima de 160 horas.
- Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa ou organismo equiparado e o asesor ou asesora de formación en base ás preferencias dos/as solicitantes.
- Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa ou organismo equiparado.
Modelos de documentación relacionada coas estadías formativas en empresas ou organismos equiparados
- Anexo I (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade A)
- Relación empresas colaboradoras ModB (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade B)
- Anexo II (Solicitude de inscrición)
- Anexo III (Acordo empresa-profesor/a)
- Anexo IV (Solicitude_de_renuncia)
- Anexo V (Certificado_de_realización)
Convocatoria do programa Eduemprende Lanzadeiras Lugo 2023- 2024
Publicada a Resolución do 1 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca o programa Lanzadeiras Lugo para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2023/2024.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de abril de 2024.
Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e medio. 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461
Publícase a Resolución do 29 de febreiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.
Listaxe provisional de centros seleccionados nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024
Publicada a listaxe provisional de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2023/2024 convocados pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo para presentar reclamacións ou emendar documentación estará aberto do 29 de febreiro ao 4 de marzo, ambos os dous incluídos.
Relación de proxectos presentados á convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2024
Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional).
Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.
O prazo de presentación da documentación requirida será do 28 de febreiro ao 8 de marzo, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2024
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
Publicación da convocatoria de carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024.
Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia o 22 de febreiro.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Primeira convocatoria: do 26 de febreiro ao 11 de marzo, ambos os dous incluídos.
- Segunda convocatoria: do 17 de xuño ao 1 de xullo, ambos os dous incluídos.
Listaxe de equipos seleccionados para a segunda fase do programa InnovaTech FP 2023/24
Publícase a listaxe de equipos que pasan a segunda fase do programa InnovaTech FP 2023/24
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2024. Listaxes provisionais de inscrición e exencións.
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
Período de reclamación: do 19 ao 23 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2024.
Publicada a Resolución do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública o composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2024.
Mais información: