Avaliacións

 

Sesións de cualificación 1

  1ª Avaliación (decembro 2018 xaneiro 2019)

  Sala1 Sala2 Sala1 Sala2    
Hora/Día Martes 18 de decembro Mercores 19 de decembro   Xoves 31 de xaneiro
08:30            
09:00            
09:30     MCA3 MSC5,6    
10:00     MCA4 SCM3    
10:30     MEV5 SEE5    
11:00     SSE5 MIE5,6,7    
11:30     SCM4  MIT8    
12:00     SFM6      
12:30     SFMD1      
13:00     SDFD1      
             
Hora/Día Martes 18 de decembro Mercores 19 de decembro   Xoves 31 de xaneiro
16:00 MME1 BELE1 MIE1 SEI1   MPCD1
16:30 MME2 BELE2 MIE2 SEI2   SMI2
17:00 MSC1 MEV1 SSE1 MCM1   SMI3
17:30 MSC2 MEV2 SSE2 MCM2   MSCD1
18:00 SDF1 SAU2 MIT2 MER1    
18:30 SDF2 SAU1 SST2 SAR1    
19:00     MIT1 SAR2    
19:30     SST1  SDAD1    
20:00     SME1      
  
Entrega de notas:
21 de decembro (venres) ás 12:00  1º e 2º de réxime ordinario de mañá
21 de decembro (venres) das 16:00 ás 19:00  réxime ordinario de tarde e adultos
 
 
Última revisión: 12/11/2018
 
 
Aclaracións sobre o proceso de avaliación:
  • O lugar de celebración das avaliacións será nas salas de reunións 1 e 2 da 1ª planta.
  • Os profesores deben estar ante a sala de reunións na hora fixada, e esperar si hai retraso, para non entorpecer o proceso de avaliación.
  • As avaliacións serán coordinadas polo titor, que se encargará de imprimir as actas, comprobar que estean todas as sinaturas dos profesores, recoller toda a documentación correspondente a o seu grupo e entregala en xefatura de estudios a o rematar a avaliación.
  • Levantarase acta da avaliación que servirá de reunión do equipo docente e deberá ter contidos dos comentarios sobre a avaliación dos alumnos e reunión do equipo docente.
  • Nas actas de avaliación (AL002) ou asistencia (AL972) si falta algunha sinatura, por ausencia inxustificada de algún profesor, quedará convocada reunión do equipo docente correspondente para o día seguinte as 8:30 para realizar a avaliación na sala de reunións.

Rexistro de notas en XADE

  • Todas as notas deben estar rexistradas en XADE o día anterior á avaliación. Cada profesor rexistrará as súas notas.

1ª Avaliación:

  • 1º curso:
  • Alumnado → Grupos →  Grupos simples →  seleccionar grupo → Avaliación continua → seleccionar materia → Seleccionar avaliación → rexistrar notas.
  • A os alumnos que se lles comunicou perda de dereito a avaliación continua o titor rexistrará PD en XADE nos módulos correspondentes.
  • 2º curso:
  • Alumnado → Xestión de alumnado → seleccionar curso e grupo → Buscar → Avaliación → seleccionar avaliación → rexistrar notas.
  • A os alumnos que se lles comunicou perda de dereito a avaliación continua o titor rexistrará PD en XADE nos módulos correspondentes.
  • -Adultos:
  • Igual que os grupos de 1º ordinario.
  • FCT extraordinaria de decembro:
  • Igual que as de 2º, seleccionando avaliación final extraordinaria de decembro.
  • Rexístrase apto ou non apto, e si ten módulo de proxecto de CS poñer tamén a nota, aceptar e comprobar que sae a nota final.

Documentación a entregar polos titores en xefatura de estudios ó remate de cada avaliación:

Todos os Titores:
Acta de notas AL002, ordeadas e grapadas as follas, asinada por todos os profesores. Acta de asistencia a avaliación AL972, asinada por todos os profesores asistentes.

Titores de 1º:
Na avaliación final Informe individualizado de avaliación MD.85.AVA.01 dos alumnos que promocionen a 2º con módulos pendentes de 1º, asinado polo profesor correspondente e o recibín polo alumno.

Titores de 2º:
De haber alumnos en FCT, Plan individualizado de FCT asinado pola empresa e polo titor de FCT.

Na 2ª avaliación Informe individualizado de avaliación MD.85.AVA.01 asinado polo profesor correspondente e o recibín polo alumno, para o período abril - xuño. De ser o caso acta asinada da cualificación do módulo de Proxecto de CS coa nota de todos os membros do equipo docente.

Titores de Adultos:
De haber alumnos en FCT, Plan individualizado de FCT asinado pola empresa e polo titor de FCT.
De ser o caso acta asinada da cualificación do módulo de Proxecto de CS coa cualificación de todos os membros do equipo docente.

NOTA: rematada a avaliación avisar na oficina, ou a un membro da dirección, que pechen a acta, para que o titor a imprima e a asinen todos os profesores.
As actas de reunión de equipo docente do mes que coincida con avaliación deberán ter contido do que se fala na avaliación.

Xefatura de estudios
9-11-2018