Outras actividades e eventos

 

Enquisa biblio 2021

Crea encuestas para tu aplicación móvil | Crea Tu Aplicación

Esta é unha enquisa para coñecer os vosos hábitos en relación coa lectura, o cinema, etc, e presentarvos diversas actividades promovidas pola biblioteca.

Pincha aquí para acceder, ou escanea o código QR.

Moitas grazas pola vosa participación. Vémonos na biblio.

"Mil Primaveiras para O Galego"

16/05/2018 10:45
16/05/2018 11:45
Europe/Madrid

Dende a EDNL e a equipa da Biblioteca, queremos convidarvos, a que asistades este mércores ao acto "Mil Primaveiras para O Galego", onde Antón Cortizas nos deleitará coa sua presenza e florido discurso.

Celebración do día do libro

23/04/2018 13:00
23/04/2018 13:30
Europe/Madrid
O equipo da biblioteca invita a alumnado, profesorado, persoal non docente e dirección á celebración do día do libro.
A actividade prevista consistirá na proxección dun vídeo, seguido da lectura de fragmentos de obras de varias autoras, e terá lugar no salón de actos.

 

O telescopio espacial Hubble. 25º aniversario

O 24 de abril de 1990 foi posto en órbita o Telescopio Espacial Hubble, un proxecto conxunto da Axencia Espacial Americana (NASA) e a súa homóloga europea (ESA). O obxectivo era ter un instrumento de observación fóra da atmosfera terrestre, co fin de evitar as perturbacións causadas por esta.


Durante estes 25 anos de servizo permitíu aos astrónomos observar o universo cunha nitidez sen precedentes e transformar moitas hipóteses en evidenzas, como a presenza de planetas en torno a estrelas ou a existenza dunha enerxía escura, unha misteriosa forza que está provocando que a expansión do universo se acelere, por citar un par de exemplos.
Con motivo do recente 25º aniversario un pequeno grupo de profesores e alumnos deste centro fixemos unha escolma de imaxes obtidas polo Hubble, e queremos a túa valoración para obter unha puntuación de entre todas elas.
Aquí podes acceder á nosa preselección e votar, e se estás interesad@ no tema recomendámosche esta outra web, e pásate pola biblioteca para participar nas actividades que facemos en relación coa astronomía e outros campos da ciencia e a tecnoloxía

Videoconferencia

12/11/2013 12:30
12/11/2013 13:30
Etc/GMT+1

Dende as Equipa de Normalización e Coordenación de Biblioteca queremos propoñervos a participación nesta videoconferencia, para celebrar o día da ciencia en galego:

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php



Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

Relator: Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable.
Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm

Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Olimpiada 2013

Tedes dispoñibles tódalas probas da olimpiada tamén nesta web,  no menú biblioteca, na parte dereita da páxina.

TORNEO DE XADREZ HIPATIA

Xadrez

Organizado e convocado pola Biblioteca para todo o alumnado

comezo o vindeiro xoves, 9 de xuño

<<ver bases do torneo>>

Exposición de Ladislau da Regueira

06/05/2011 18:00
25/05/2011 20:00
Etc/GMT+1

Exposición de pintura de Dulce Anca

18/03/2011 18:00
08/04/2011 20:00
Etc/GMT+1

Iníciase nas Artes da man de Ricardo Segura Torrella, co que descubre o fascinante mundo do Debuxo.

No Círculo de Belas Artes de Madrid, practica sobre todo o espido. Percorre o Museo do Prado facendo bosquexos de pintura e escultura nos noventa. Máis tarde no 96 ten a oportunidade de coñecer o Gravado con Afonso Costa Beiro, e co tempo continua facendo evolucións gráficas no CIEC de Betanzos e con artistas contemporáneos no Museo de Belas Artes da Coruña.

Paralelamente ás súas exposicións, imparte talleres creativos de diversos tipos.

 (relato das súas propias palabras)

 Organiza: Biblioteca

Olimpiada cultural

07/02/2011 22:00
04/03/2011 22:00
Etc/GMT+1

A segunda semana de febreiro dará comezo unha nova edición da nosa OLIMPIADA CULTURAL


Animádevos a participar nesta competición na que ademais de aprender e divertirnos, podedes conseguir importantes premios se chegades ó podium.

Para os que non a coñezades, a olimpiada cultural
é un xogo de longa duración (4 semanas, ata o antroido), no que
cada día se emite unha ou varias preguntas, que debe ser contestada no
prazo correspondente. Os equipos van sumando os puntos en xogo, e ó
final, gaña o equipo que teña maior puntuación. Hai dúas categorías:

  • Categoría junior para alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Categoría genius para o resto

Cada categoría puntúa por separado e hai premios para cada unha delas.

Resumimos aquí as probas das que consta:

  • Pregunta do día: unha pregunta de 1 punto para contestar en 24 horas.
  • Pista a pista: é unha proba de luns a venres. Cada día dáse unha pista, e vai perdendo valor cada día que pasa.
  • Preguntón: unha pregunta máis difícil ou máis laboriosa, para cotestar nunha semana.
  • Aposta: preguntas de inxenio nas que podes gañar puntos, pero tamén perdelos.

Ademais, por se un día se vos atraganta unha pregunta, ou non podedes contestar
porque estades enfermos, tedes moito traballo, etc, cada día podedes
gañar un comodín coa pregunta
do día, simplemente inidicándonos un libro no que se atopa a resposta
correspondente. Logo podedes trocar comodíns por puntos (1 comodín=1
punto). Pero ollo, os comodíns caducan ó cabo dunha semana. A
continuación deixamos as bases do concurso e de cada proba.