CIFP MANUEL ANTONIO

  

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

 

Seguindo as indicacións da instrucción 4/2016 do 30 de maio de 2016 que regula a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación, faise público o concurso para o CIFP Manuel Antonio

As especificacións técnicas da licitación poden consultarse no documento anexo.

O prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2016/17.

O prazo de presentación de propostas será dende o 01 de xullo ata o 15 de xullo, ambos os dous inclusive.

IMPLICATE NA TUA FORMACIÓN!!, aposta con nós pola FP DUAL

Se tés entre 18 e 29 anos, estás en posesión do Título de BACHARELATO ou proba de acceso a Ciclos Superiores, poderás formarte mediante Proxectos de FP DUAL nos seguintes Sectores con proxección de futuro. Presenta a túa solicitude de admisión entre o 17 e o 28 de xuño

  • Industria farmacéutica e biotecnoloxía: solicitando o CS de Fabricación de Produtos Farmaceúticos, Biotecnolóxicos e Afíns. Serás formado/a por especialistas do centro educativo CIFP Manuel Antonio e expertos altamente cualificados das Multinacionais “LONZA Biologics Porriño S.L.” e “CZ Veterinaria S.A. Porriño”.
  • Sector Hostaleiro: solicitando o CS de Dirección de Servizos de Restauración. Serás formado/a por especialistas do centro educativo CIFP Manuel Antonio e expertos altamente cualificados da Multinacional “Arlea Hotels S.L.U.”.

Para mais información entra no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-fpdual

Prazos proceso admisión FP DUAL

Presentación de solicitudes

Do 17 ao 28 de xuño as 13:00H

Publicación relación provisional de solicitudes

29 de xuño

Reclamacións listaxe provisional

30 de xuño e 1 de xullo

Publicación relación definitiva de solicitudes

4 de xullo

Período de selección de candidatos polas empresas

do 5 ao 12 de xullo

Publicación relación candidatos/as admitidos/as e en espera

13 de xullo

Matricula candidatos/as admitidos/as

14 e 15 de xullo

Distribuir contido