FORO DA INTERMEDIACIÓN E O EMPREGO (FIE) - 2014

Mañá, 25 de abril, vai a estar a empresa REPSOL e outras empresas, (pero esta é de calado e interesante para a rama da Química), no Pazo de Congresos no que se está a celebrar  a Feira da Intermediación e Emprego que organiza a Axencia de Desenvolvemento Local (Cersia). Persoal de RR.HH. participa nas charlas, coloquios  e información que se lles facilita aos demandantes de emprego con respecto aos requerementos para contratar traballadores nas súas empresas; además recollen C.Vitae, e inclusive contratan xa directamente alí (o pasado ano houbo unhas decenas de contratos)

FASE DE ASESORAMENTO 2014: Convocatoria de Reunión de Grupo

Convócase á REUNIÓN DE GRUPO da fase de asesoramento, na data e hora que se indica a continuación, a todas as persoas INCLUÍDAS nas LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS.

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2014: Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Con data 24 de abril de 2014 publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2014.

Pódense consultar estas listaxes no interior deste artigo.

Inscrición en Selectividade 2014

Aqueles alumnos que desexen presentarse á fase específica das PAU teñen que inscribirse  do 13 ao 31 de maio.

 

Para isto deberán se non teñen un identificador solicitar unha conta en https://www.edu.xunta.es/nerta/. Alí introducen os seus datos e a aplicación xerará unha folla de taxas, que deberán pagar no banco. Con esta folla e o certificado de estudios que se lle facilitará na Oficina do CFIP, acudirán ao LERD máis cercano e finalizarán a inscrición.

O LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación) de Santiago está no Campus Sur:

LERD 1 Campus de Santiago de Compostela
Servizo de Xestión Académica
Pavillón Estudantil, 2ºandar-Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
INFORMACIÓN OIU: 881 812 000/ 881 811 000
Fax: 881 814 855

Embaixada eTwinning Galicia

Os/as docentes de calquera especialidade poden adaptar unha actividade para realizala xunto cun/cunha colega doutro país europeo, no marco do programa eTwinning, que fai parte de Erasmus+.

Guía do Programa Erasmus +

Preme sobre o seguinte enlace para acceder á guía do programa Erasmus+.

Concurso de curtas "REVOLTALLO AUDIOVISUAL”

 

Trátase dun concurso de curtametraxes con espírito de denuncia e visión crítica organizado polo colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante-Setem.

 

Xornada “Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”

14/05/2014 09:00
14/05/2014 19:00
Europe/Madrid

A Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, co apoio da Representación da Comisión Europea en España, organizan esta xornada informativa dirixida esencialmente a profesores e orientadores de Formación Profesional de Galicia. Coa mesma preténdese explicar o marco europeo no que se imparte a Formación Profesional, as oportunidades de mobilidade existentes dentro da UE e as iniciativas de apoio ao emprendemento coas que contan os mozos titulados de FP.

"A FP en España non ensina o que quere o mercado"

 

O maltés James Calleja dirixe desde outono o Centro Europeo de Desenvolvemento da Formación Profesional.

Elisa Silió: El País (20/04/14)

 

Distribuir contido