try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Premios Idea 2011

Premios Idea 2011Premios Idea 2011  Premios Idea 2011Premios Idea 2011  PremiadasPremiadas 
AsistentesAsistentes Entrega premiosEntrega premios  Entrega premiosEntrega premios 

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou hoxe os premios da segunda edición do certame FP Idea 2011, impulsado polo departamento educativo da Xunta de Galicia para potenciar a creación de novas empresas así coma o espírito emprendedor do alumnado galego, coa finalidade de que estes proxectos repercutan no futuro económico e social de toda Galicia.

Con estes premios recoñécese o traballo do alumnado na elaboración de proxectos empresariais en posta en marcha de ideas innovadoras, así como o labor de titorización dos seus profesores no desenvolvemento dos seus traballos.



Premiados

Na modalidade de idea innovadora o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad,  en colaboración con BIC-Galicia, distribuíu os premios entre os diferentes sectores produtivos. Así, “Marsupia, canguros a domicilio” composto por Cristina Forja Luque, Mirian García Martínez, Catherine Mourin Varela e Noelia Suárez Gerpe, baixo a titoría do mestre Arturo Iglesias Fernández, do CIFP Anxel Casal Monte Alto da Coruña foi recoñecida como mellor idea do sector servizos.

No sector do pequeno comercio, a mellor proposta foi “Greenmet”, realizado  por Albanis Alicia Martínez Castillo e Karely Otero García, titorizadas pola profesora María Sanz Vázquez, do CIFP Someso da Coruña. A mellor idea do sector do medio rural e marítimo tamén recaeu no CIFP Someso da Coruña e foi “Arrechégate” de Ana Rodriguez Liñares e Francisco José Serantes, titorizados pola profesora María Sanz.

 Mais información en : http://www.edu.xunta.es/web/node/3464