Actividades Día das Letras Galegas.
Co motivo da celebración do Día das Letras o vindeiro 17 de maio, dende o EDLG convidámoste a participar nas seguintes actividades...
-Visitar a exposición interactiva sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano. A exposición estará dispoñible a partir do luns 10 de maio até finais de mes no corredor exterior (diante dos talleres de automoción). -Vermú con letras. Nos recreos dos venres do mes de maio haberá sesións musicais acompañadas por cócteles sen alcol no xardín (fronte á cafetaría).
Esperámosvos! Un saúdo.
Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega CIFP A Xunqueira.