Biblioteca
A biblioteca CIFP A Xunqueira é un espazo de recursos para a lectura, información e aprendizaxe de toda a comunidade educativa. Forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia dende o curso 2023-2024.
Dispoñemos dunha colección con fondos en diferentes soportes relativos a contidos curriculares, obras xerais de referencia, ficción... A meirande parte están na biblioteca, aínda que tamén os hai noutras zonas, como nos departamentos das familias profesionais.
Horario:
De luns a venres durante o horario de apertura do centro, con atención directa en determinadas franxas horarias.
Servizos:
-
Préstamo.
-
Lectura e consulta en sala.
-
Ordenadores con acceso á Rede para facer buscas documentais e/ou traballos.
-
Espazo de traballo: postos para o traballo individual ou en grupo.
-
Formación no uso da biblioteca.
-
Accións para o fomento da lectura, culturais e para a alfabetización informacional.
-
Solicitude de novas adquisicións.
-
Wifi.
Redes sociais:
- Facebook: Biblio CIFP A Xunqueira.
- Instagram: @biblioteca.cifpaxunqueira.
- Blog.
Enlaces de interese:
- Guía de uso da biblioteca.
- Guía para buscar no catálogo.
- Catálogo do CIFP A Xunqueira.
- E-LBE.2 Plataforma de lectura dixital para as bibliotecas escolares (solicítanos as credenciais de acceso para poder usala).
- Galicia Le.
- Rede de Bibliotecas de Galicia.