Saltar navegación.

Concertos das grandes agrupacións no Auditorio Municipal de Ferrol

Concertos das grandes agrupacións do conservatorio, o mércores 29 e xoves 30 de maio ás 19:00 h no Auditorio Municipal de Ferrol. Escoitaremos ás agrupacións do centro e aos gañadores do Concurso de Solistas deste curso 23/24. Entradas dispoñibles nas taquillas do Teatro Jofre de Ferrol.

Horario de Taquilla do Teatro Jofre - Ferrol Cultura

De martes a venres de 11:00 a 13:00h. e de 18:00 a 20:00 h.

Sábados, domingos e festivos días de función, abrirá pola mañá de 11:00 a 13:00 h. e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma

Cando a función sexa no Auditorio, abrirá de mañá no Teatro Jofre de 11:00 a 13:00 e de tarde no Auditorio, dende dúas horas e media antes do inicio da mesma

XX Certame Xan Viaño de Creación Musical: Música e Poesía

O vindeiro venres 31 de maio ás 18:00 h no noso auditorio, terá lugar a entrega de agasallos e interpretación das pezas seleccionadas no XX Certame Xan Viaño de Creación Musical: Música e Poesía, organizado polo Departamento de Fundamentos de Composición.

Graduación Fin de Grao Profesional

Chega un dos días máis esperados e máis fermosos do ano: a Graduación de Fin de Grao Profesional. O próximo 7 de xuño ás 20:00 h, despediremos e homenaxearemos ao noso querido alumnado de 6º GP, nunha emotiva celebración para toda a comunidade educativa.

Recital de piano de Paulo Brasil

O luns 27 de maio ás 19:00 h terá lugar no auditorio do conservatorio, o recital do pianista Paulo Brasil, no que poderemos escoitar obras de Beethoven, Chopin e Liszt. Entrada libre ata completar aforo.

 

Luns 27 de maio: Último día para apuntarse ás Probas de Acceso a 1º GE

Recordamos que o prazo de inscrición para as probas de acceso a 1º Grao Elemental remata o próximo luns 27 de maio (día incluído). Esta inscrición é gratuíta e para a realización das probas de acceso non se precisan coñecementos musicais, tan só que ao neno/a lle guste a música e queira aprender a tocar un instrumento no conservatorio.
Tedes máis información na nosa páxina web do centro e no teléfono 981 33 33 17.
 

Recital de alumnado de viola

Novo recital do alumnado de viola o próximo xoves 30 de maio ás 16:30. Entrada libre ata completar aforo.

Carla Suárez Cuervo. Recital de Violín Fin de Grao Profesional

Carla Suárez Cuervo. Recital de Violín Fin de Grao Profesional. Xoves 23 de maio ás 18:15 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Alicia Dopico Caneiro. Recital de Óboe Fin de Grao Profesional

Alicia Dopico Caneiro. Recital de Óboe Fin de Grao Profesional. Xoves 23 de maio ás 16:45 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Mario Santalla Rico. Recital de Violín Fin de Grao Profesional.

Mario Santalla Rico. Recital de Violín Fin de Grao Profesional. Xoves 9 de maio ás 18:15 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Jaime Sánchez Muíños. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional.

Jaime Sánchez Muíños. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional. Xoves 9 de maio ás 19:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Daniel Soto Montes de Oca. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional.

Daniel Soto Montes de Oca. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional. Mércores 8 de maio ás 16:30 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Fernando Castelo Rey. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional.

Fernando Castelo Rey. Recital de Clarinete Fin de Grao Profesional. Luns 6 de maio ás 20:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Martín Fernández Pérez. Recital de Saxofón de Fin de Grao Profesional.

Martín Fernández Pérez. Recital de Saxofón de Fin de Grao Profesional. Xoves 9 de maio ás 20:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Carla Maltese. Recital de Viola Fin de Grao Profesional.

Carla Maltese. Recital de Viola Fin de Grao Profesional. Mércores 8 de maio ás 18:00 h no Auditorio do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Parabéns por tantos anos de esforzo no Xan Viaño.

Distribuir contido