A dietista e nutricionista Ángeles Novo compartiu con nos, o pasado 1 de MArzo, indicacións para una alimentación máis saudable, centrada especialmente na xente, que coma os nosos alumnos, teñen unha actividade física importante. Foi moi interesante e enriquecederoa , a actividade estivo aberta a todo o alumnado de Grao Profesional así como as familias interesadas.

A cita tivo lugar no auditorio do Conservatorio  Profesional de Música Xoan Montes ás 20.15h

Grazas Ángeles por compartir o teu coñecemento e grazas por voltar ao Cdan, xa que tamén foi exalumna do noso centro

 

 

O O O

O pasado 27 de Febreiro tivemos a sorte de escoitar a Margarita Viso falar sobre o compositor galego Marcial del Adalid.

A cita tivo lugar no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Lugo Xoan Montes.

O pasado 24 de Febreiro visitounos o noso exalumno Sergio Castro, que actualmente imparte materias de danza no Instituto univerdsitario Alicia Alonso , dependente da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Ademáis de impartir un Obradoiro de PAso a dous para os alumnos de 5º e 6º curso de Grao Profesional, d especialidade de Danza Clásica, ofreceunos unha charla informativa sobre os estudos superiores.

Un pracer ver medrar profesionalmente aos nosos alumnos! Parabéns Sergio.

Chegou o día! hoxe 8 de Febreiro parte do alumnado de Grao Elemental participará coa compañía Rusa no clásico Quebranoces. Moitas grazas Tatiana Solovieva Produccións por contar con nos un ano máis.

Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Mércores 8 de Febreiro ás 20.00h

Entradas en ataquilla

 

Mañá terá lugar a XI Gala Solidaria a favor de Unicef. Coma en anos anteriores, colaboramos coa entidade
ofrecendo un programa de danza ao cal podedes acceder a través do código QR que aparece no cartaz.
 
Animámosvos a participar deste marabillloso evento!
Martes, 20 de decembro ás 20.30 h.
Auditorio Gustavo Freire de Lugo
 
 

 

Distribuir contido