O Cdan participa na Feira do Libro de Lugo

Alumnado dos curso 1º Profesional, 3º Elemental da asignatura de Danza Galega así como o alumnado do Obradoiro de Galega do centro, participaron no día de onte na 34ª Feira do Libro de Lugo que se celebrou na Praza do Concello.

A carón dos stands das librarías, os distintos grupos interpretaron unhas danzas, preparadas polas profesora Cristina Lata. Ao remate das actuacións dancísticas todos os grupos interpretaron en conxunto unha canción sobre unha poesía de Rosalía de Castro.