Información Xeral

O Conservatorio de Danza de Lugo, comezou a funcionar o curso 2003/04; é o único centro de Danza, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que existe na nosa comunidade. Imparte o grao elemental e profesional dos estudos de Danza. Dende o seu nacemento o número de alumnos vai medrando ano tras ano.

  • ESTUDOS DIRIXIDOS A : nenos e nenas a partir dos sete anos. 
  • ACCESO: Para acceder a estes estudos e necesario superar unha proba que se realiza no mes de xuño e na que se valora as aptitudes físicas e expresivas do aspirante en relación coa danza, así como o seu sentido musical e idade idónea.

Pode accederse a calqueira outro curso do grao elemental o profesional superando unha proba de coñecementos das materias que compoñen o currículo dos diferentes cursos. Esta proba realizarase no mes de setembro.

  •  ESTRUTURA DESTES ESTUDOS:

Grao Elemental : Consta de catro cursos onde se da unha formación básica coas materias de: Danza Clásica, Música , Danza Galega, Danza de Carácter , Iniciación a Danza Contemporánea e Iniciación a Danza Española e ao Baile Flamenco.

O finalizar este grao os alumnos obteñen un Certificado de Estudos Elementais 

Grao Profesional : Consta de seis cursos que poden realizarse segundo catro especialidades: Danza Clásica, Danza Española, Danza Contemporánea e Baile Flamenco .

Neste Centro ofrécese a posibilidade de cursar a especialidade de Danza Clásica e de Danza contemporánea.

O finalizar este grao os alumnos obteñen o Título de grao Profesional na especialidade cursada.

 Grao Superior: Consta de catro cursos e dúas especialidades : Coreografía e Interpretación dunha banda e Pedagoxía doutra.

O título que obteñen o finalizar este grao e equivalente a tódolos efectos a unha licenciatura.

Este grao polo de agora só se pode cursar en Madrid, Barcelona, Málaga, Valencia , Alicante e Bilbao.

Tamén podese cursas "Pedagogía de las Artes Visuales y de la Danza" na Univesidade Juan Carlos Tercero de Madrid.

GRAO PROFESIONAL

  • FINALIDADE

As ensinanzas profesionais de danza teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza.

A finalidade das ensinanzas profesionais de danza ordénase en catro funcións básicas: formativa, orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores. 

 O ensino da danza no grao profesional organízase nun grao de seis cursos de duración.  

  • OBXECTIVOS XERAIS

 As ensinanzas profesionais de danza teñen como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as capacidades xerais e os valores cívicos propios do sistema educativo e, ademais, as capacidades seguintes: 

a) Habituarse a observar a danza asistindo a manifestacións escénicas relacionadas con ela, e a establecer un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos.

b) Desenvolver a sensibilidade artística e o criterio como fonte de formación e enriquecemento persoal.

c) Analizar e valorar a calidade da danza. 

d) Coñecer os valores da danza e optar polos aspectosxurdidos dela que sexan máis idóneos para o desenvolvemento persoal.

e) Participar en actividades de animación dancística e cultural que permitan vivir a experiencia de transmitir o goce da danza.

f) Coñecer e empregar con precisión o vocabulario específico relativo aos conceptos científicos da danza.

g) Coñecer e valorar o patrimonio dancístico como parte integrante do patrimonio histórico e cultural.

h) Fomentar a utilización do patrimonio dancístico e musical en xeral, e a do galego en particular, como medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación artística.

 ESPECIALIDADES DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE DANZA 

O currículo das ensinanzas profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:

  • DANZA CLÁSICA
  • DANZA CONTEMPORÁNEA

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

As ensinanzas profesionais de danza deberán contribuír a que o alumnado adquira as capacidades seguintes:
 
a) Demostrar o dominio técnico e o desenvolvemento artístico necesarios que permitan o acceso ao mundo profesional.

b) Habituarse a asistir a manifestacións escénicas relacionadas coa danza para formar a súa cultura dancística e restablecer un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos.

c) Valorar a importancia do dominio do corpo e da mente para utilizar con seguridade a técnica, co fin de lograr a necesaria concentración que permita unha interpretación artística de calidade.

d) Afondar no desenvolvemento da propia personalidade a través da necesaria sensibilidade musical, co fin de lograr unha interpretación expresiva. 

e) Analizar criticamente a calidade da danza en relación cos seus valores intrínsecos. 

f) Relacionar e aplicar os coñecementos adquiridos en todas as materias que compoñen o currículo, nas vivencias e nas experiencias propias para conseguir unha interpretación artística de calidade.

g) Aplicar os coñecementos históricos, estilísticos e coreográficos para lograr unha interpretación artística de calidade.

h) Ter a disposición necesaria para saber integrarse nun grupo como un membro máis e para actuar como responsable do conxunto. 

i) Actuar en público con autocontrol, dominio da memoria e capacidade comunicativa.

j) Adaptarse coa versatilidade necesaria ás formas expresivas características da creación coreográfica contemporánea.

k) Improvisar de acordo co estilo, a forma e o carácter da música, así como a partir de propostas non necesariamente musicais, tanto auditivas como plásticas, poéticas, etc. 

l) Reaccionar cos reflexos necesarios que require a solución dos problemas que poidan xurdir durante a interpretación.

m) Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, das propias características e posibilidades, e desenvolver hábitos de estudo, valorando o rendemento en relación co tempo empregado.
 
n) Afondar no coñecemento corporal e emocional para manter o axeitado equilibrio e benestar psicofísico.

MATERIAS COMÚNS E PROPIAS DAS ESPECIALIDADES. 

As ensinanzas profesionais de danza organízanse nas materias seguintes: 

  • Materias comúns a todas as especialidades

a) Música.
b) Danza galega.
c) Acondicionamento físico.
d) Anatomía aplicada á danza.
e) Historia da danza.

  •  Materias propias das especialidades:

a) DANZA CLÁSICA: danza clásica; danza de carácter; danza contemporánea; repertorio; pantomima e interpretación;
paso a dous.

b) DANZA CONTEMPORÁNEA: danza clásica; técnicas de danza contemporánea; improvisación.

Materias optativas.

 As materias optativas terán como finalidade complementar o currículo das ensinanzas profesionais.
 O alumnado cursará, polo menos, dúas materias optativas no sexto curso das ensinanzas profesionais.
 
PROBAS DE ACCESO AO PRIMEIRO CURSO

Para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de danza cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, consonte os obxectivos establecidos neste decreto. 

Para a especialidade de danza Clásica, a proba consistirá en: 

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar. 

b) Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

Para a especialidade de danza contemporánea, a proba consistirá en: 

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro, incluíndo secuencias de movementos de danza contemporánea.

Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

b) Unha improvisación sobre un fragmento musical, que o profesor ou a profesora pianista acompañante lle dará a coñecer previamente á persoa aspirante.

Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

 c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida nos tres exercicios. Para estes efectos, ponderaranse o primeiro e o segundo deles nun total dun 85 por cento, e o terceiro nun 15 por cento.

 A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada.

PROBAS DE ACCESO A OUTROS CURSOS 

Poderá accederse a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

MATERIAS E CARGA LECTIVA

  • ESPECIALIDADE DE DANZA CLÁSICA   

-Danza clásica

-Danza galega
-Danza de carácter
-Danza contemporánea
-Música
-Acondicionamento físico
-Repertorio
-Pantomima e interpretación
-Paso a dous
-Anatomía aplicada á danza
-Historia da danza
-Optativas

Total horas: 110 horas

  • ESPECIALIDADE DE DANZA CONTEMPORÁNEA

-Danza clásica
-Técnica de danza contemporánea
-Danza galega
-Música
-Improvisación
-Acondicionamento físico
-Anatomía aplicada á danza
-Historia da danza
-Optativas

Total horas: 110 horas

Distribuir contido