Skip to Content

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA SPRING WEEK

I PREMIO DE CURTAMETRAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

O centro ven de ser galardonado co primeiro premio de curtametraxes do Festival internacional de Cinema de Bueu, na categoría de escolas galegas na modalidade de Educación Secundaria. Os nosos parabéns a todo o alumnado de 4º de ESO do curso pasado, que xunto coa coordinación da orientadora do centro, Ana Canal, e o asesoramento de Omar Rabuñal, fixeron posible dito premio.

Podedes ver a nova na prensa premendo no seguinte ENLACE.

QUERES CREAR O TEU PROPIO VIDEOXOGO?

Algunha vez pensaches en facer un videoxogo... pero non sabías por onde comezar? Agora tes a oportunidade!

No CPI Alcalde Xosé Pichel imos repetir o exitoso obradoiro de creación de videoxogos, impartido por m8factorial. Nel aprenderás a deseñar personaxes e escenarios, a crear mecánicas de xogo e a empregar a programación para facer realidade as túas ideas e desenvolver un videoxogo moi molón.

As sesións terán lugar un día á semana, a decidir dependendo das preferencias do alumnado, entre as 14:30 e as 16:00, entre novembro e febreiro. Para podermos organizar os posibles grupos, precisamos saber o alumnado que estaría interesado en participar, para o que é necesario que cubras este formulario de preinscrición, antes do día 17 de outubro. Os obradoiros son completamente gratuítos.

Anímate a participar e deixa voar a túa imaxinación!

 

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

 

DATA

HORARIO

  EDUCACIÓN INFANTIL E

             PRIMARIA

 

   XOVES, 8 DE SETEMBRO

 

9:00 -14:00

Comedor:

14:00-15:00

 

 EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

9:00 -14:00

 

Probas de nivel lingüístico alumnado 4º ESO

Publicada a Resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/23 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollida no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2022/23

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira

Todos os centros solicitantes que cumpran cos criterios de participación indicados na resolución serán seleccionados. Os centros non poderán percibir unha asignación superior ao número total de alumnado interesado

Co fin de identificar ao alumnado susceptible de participar nas probas precisamos que, no caso de estar interesados na  convocatoria que se informa, devolvan asinado o seguinte compromiso de participación.

Compromiso de participación alumnado

Presentar na Secretaría do centro. Data límite para a presentación: 15 de setembro de 2022.

SOLICITUDE PARA O USO DO COMEDOR. CURSO 22-23

Informamos a través da seguinte circular da solicitude de uso de comedor para o curso 2022/2023. Para acceder a ela preme AQUÍ.

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN

LISTAXE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022/23

                                       PREME AQUÍ PARA CONSULTAR A LISTAXE

TORNEO DE DATCHBALL

Deixámosvos un vídeo sobre unha das actividades que se desenvolveron no centro, dentro do plan Proxecta +, un emocionante torneo de datchball, no que participou o alumnado de EP.

Sen elas non hai música galega

Durante a semana cultural acollimos na entrada do noso centro a exposición "Sen elas non hai música galega" que, moi amablemente, a Asociación Visibles de Buño nos prestou.

Deixámosvos un vídeo onde podedes ler a biografía de cada unha das compoñentes da exposición.

 

DÍA DA FAMILIA

O vindeiro venres, 13 de maio, celebramos no centro o día da familia. Podedes consultar o programa dese día premendo AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut