NORABOA!!!!
O noso centro foi o gañador do concurso de curtametraxes Nós tamén creamos!, convocado pola Xunta de Galicia, na categoría de Educación Infantil.
Parabéns a todos os nen@s de Educación Infantil, en especial ao alumnado de 5 anos, por contarnos dese xeito tan marabilloso a historia de A tartaruga que quería durmir. Noraboa tamén ás mestras colaboradoras Susana Álvarez, Mari Carmen Méndez e Ana Pose. Merecen unha mención especial as familias por apoiar e crer nesta aventura.
Grazas por este estupendo proxecto!!
Horas de traballo e moita ilusión foron os ingredientes que se mesturaron para conseguir este resultado.
Este é o enlace da resolución do concurso:
http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos
Xavi, Martina, Javi,Martín, Idaira e Marta...
as voces protagonistas!!
























