Skip to Content

Secretaría

Admisión de alumnado para o curso 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

Calendario 2024 CPI As Revoltas

Calendario 2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solicitude de reserva de praza para o curso 2024/2025

O prazo de solicitude de reserva de praza en centros adscritos está aberto dende o 15.01.2024 ata o 05.02.2024 (ambos incluídos).

Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do CRA Nosa Señora do Faro que vaia cursar 3º de educación primaria no vindeiro ano académico 2024/2025.

Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso ou no IES Maximino Romero de Lema de Baio no vindeiro ano académico 2024/2025, poderá solicitar a reserva de praza.

A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, presentarase no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.

Posteriormente, do 01.03.2024 ao 20.03.2024 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2024/2025. Sobre esta admisión ampliarase a información máis adiante.

Para máis información pódese consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

Calendario escolar para o curso 2023/2024

No ficheiro adxunto publícase o calendario escolar deste centro para o curso 2023/2024.

Libros de Matemáticas de ESO para o curso 2023/2024

A continuación indícanse os ISBN dos libros de Matemáticas de ESO que non figuraban na listaxe de libros de texto publicada en xuño:

- 1º ESO. Editorial Anaya. ISBN 978-84-143-0528-7

- 2º ESO. Editorial Anaya. ISBN 978-84-143-2495-0

- 3º ESO. Editorial Anaya. ISBN 978-84-143-0532-4

- 4º ESO. Editorial Anaya. Matemáticas A. ISBN 978-84-143-2551-3

- 4º ESO. Editorial Anaya. Matemáticas B. ISBN 978-84-143-2499-8

Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros 2023/2024

Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes definitivas do fondo de libros para o  alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2023/2024.

MOI IMPORTANTE: Nota aclaratoria para o alumnado de 1º e de 3º da ESO:

Tal e como figura na listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024, que está publicada en: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasrevoltas/listaxelibros_2023_2024 A todo o alumnado de 1º da ESO prestaráselle o libro de Tecnoloxía e Dixitalización e a todo o alumnado de 3º da ESO prestaráselle o libro de Física e Química.

Publicación das listaxes provisionais do fondo de libros 2023/2024

Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes provisionais do fondo de libros para o  alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2023/2024.

Solicitudes do comedor escolar para o curso 2023/2024

Publícase unha nota informativa sobre as solicitudes para utilizar o comedor escolar no vindeiro curso 2023/2024 e o anexo II modelo de autodeclaración e especificacións.

Listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024

No ficheiro adxunto publícase a listaxe de libros de texto deste centro para o curso 2023/2024.

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut