Skip to Content

SEMANA STEM 2018- Información ás familias

Esta documentación será entregada o vindeiro luns 15 de outubro ao alumnado.

Traslados:

  • Saída de Valdoviño, co alumnado e os pais/nais acompañantes o Domingo 25 de Novembro, as 17:00 h cara ao Colexio Junior´s en Santiago de Compostela, chegada entre as 18:00 horas e as 19:30
  •  Retorno a Valdoviño coas familias
  •  Recollida aos pais/nais en Valdoviño o Sábado día 1 de Decembro as 11:00 h aprox. e saída cara o Colexio Junior´s para recoller ao alumnado (recollida entre as 12:00 e as 13:30 h)
  •  Retorno a Valdoviño para deixar no CPI de Atios ás familias e o alumnado.
  • A viaxe realizarase en autobús coa empresa Autos Camilo, e cada neno achegará 40€ para o pago do autobús.

LUGAR DE CELEBRACIÓN DA ACTIVIDADE

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2018

Un ano máis esperamos con impaciencia as dúas grandes festas do ano: os Maios e as Letras Galegas. Na presente edición a festa da lingua e a cultura foi adicada á escritora Mª Victoria Moreno Márquez, de quen queremos ensalzar a súa figura de muller comprometida coa nosa cultura e a nosa lingua; muller escritora, artista e docente; muller referente onde as haxa.

Desde o E.D.L.G. do centro reivindicamos a igualdade para as mulleres no eido da cultura. Como pode ser que en 55 anos de celebración das Letras Galegas soamente a catro das nosas grandes escritoras se lle adicara tal data? E que non hai mulleres dabondo merecedoras de tal honra? Queremos facer visíbel a nosa indignación e, seguindo a traxectoria do noso proxecto anual Diferentes Na Igualdade, seguiremos a  traballar co noso alumnado para tratar de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria que saiba recoñecer ás persoas polo que  valen e son, independientemente da súa orixe, cultura, raza ou sexo.

En canto á Festa dos Maios, o E.D.L.G. quere agradecer a todas as persoas que colaboraron dalgún xeito na súa preparación: ao persoal non docente, nais e profesoras que compartiron a tarde anterior os preparativos, ás familias que mandaron flores (especialmente á familia Hermida Suárez, sen a que non sería posible montar a marabillosa alfombra deseñada por Alicia González, coa colaboración imprescindibel de Ana Ramos, Dolores e Reyes), aos responsables da cafetería, a Christine (a nosa auxiliar de conversa, que tanto traballou e desfrutou os dous días),a todos os docentes que achegaron ao alumnado para participar na montaxe dos maios e da alfombra floral e ao Equipo Directivo pola súa axuda e apoio incondicional.

Pero unha mención a parte de agradecemento merece o noso ALUMNADO INCONDICIONAL, ENTREGADO, ALEGRE, FANTÁSTICO, MARABILLOSO... Sen eles non sería posíbel a benvida á primavera.

FELIZ MAIO!!! dicían os nenos e nenas . E así dicimos desde o Equipo a todas e todos vós, cos desexos de que na primaveras das nosas vidas xermolen os agromos que nos permitan seguir desfrutando cada ano destas Festas tan marabillosas.

ENLACE AO ALBUM DE FOTOS COMPLETO

TRABALLO RESULTANTE DO CURSO DE COOPERATIVO

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

AS NOSAS REFERENTES. Proxecto DNI (Diferentes Na Igualdade)

A MÚSICA é unha forma de expresar os nosos sentimentos e emocións.

Moitas foron as MULLERES que ao longo da historia superon transmitir esas sensacións e sentimentos a través da súa voz e das súas cancións.

Para coñecer a traxectoria dalgunhas destas cantantes contamos coa marabillosa colaboración de Lucía, Mariel e Javier, quenes prepararon un concerto didáctico moi entretido e interesante.

A actividade, parte integrante do proxecto D.N.I., iniciouse coa actuación en directo dunha das nosas antigas alumnas, Emma Patiño, quen interpretou tres cancións acompañada polo alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.Primaria.

Asemade contamos coa participación de Paula Dopico, Antía Graña e Noelia Vázquez, exalumnas do CPI Atios e exemplos a seguir pola súa implicación co mundo da ciencia, a economía ou o traballo social.

GRAZAS a TODOS os participantes pola vosa COLABORACIÓN INESTIMÁBEL !!!

ALBUM DE FOTOS

ATIOS FOI A NÚREMBERG

Save

Save

Save

DÍA DO LIBRO 2018

Un ano máis celebramos no centro o DÍA DO LIBRO. (fai click)

Como é costume, adicám olo a unha escritora relacionada co Concello de Valdoviño.
Na presente edición foi a  poetisa VERÓNICA MARTÍNEZ DELGADO a homenaxeada. Licenciada en
Historia, docente e escritora,  é unha persoa moi comprometida na defensa das inxustizas sociais e da
nosa lingua e unha referente como exemplo de traballo e constancia. 

marcapáxinas

 Clica na imaxe para acceder ao album de fotos

 

MOCIDADE COA LINGUA 2018

O 5 de abril tivo lugar no Auditorio de Ferrol o festival de música en galego A MOCIDADE COA LINGUA.

            Música, cancións e moita ilusión foron os principais ingredientes que encheron o pazo onde o público vibrou e aclamou á rapazada que, desde o escenario, interpretou as cancións na nosa querida Lingua Galega.

            O noso centro foi representado por alumnado de Secundaria de  diferentes cursos: Martín, Ainhoa, Elena, Marina, Candela, Ainara, Aurora, Lorena, Sabela e Martina.

            Baixo a dirección da profesora de L. G. Luisa Pita interpretaron un rap do poema de Rosalía de Castro “Negra sombra” e estrearon unha composición propia “Diferentes pero iguais”, relacionada co proxecto interanual D.N.I.

            Desde o E.D.L.G. do centro felicitamos a todo o equipo que fixo posible esta actuación e queremos dar as GRAZAS polo seu entusiasmo, esforzo e ilusión.

            Asemade, o mesmo día 5 tivo lugar a xuntanza do xurado da E.N.L.G. de Ferrolterra para elixir aos gañadores e gañadoras da presente edición  2018 do concurso POESÍA E IMAXE, en galego sen filtro . As nosas alumnas, Celia Sanz (6º de EI), Alba Freire, Sonia Vilar (6º EP) e Nerea Couto (3º ESO), forman parte do elenco de premiadas. PARABÉNS para todas !

            O noso agradecemento a todo o profesorado participante nesta actividade, á súa implicación e compromiso na defensa da Lingua.

            E como mostra … o vídeos das actuacións !!!

Coordinadora do E.D.L.G. do CPI Atios

D.N.I. DIFERENTES NA IGUALDADE (Agradecementos)

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Video ENTROIDO 2018- Proxecto Diferentes Na Igualdade

RAISING ACHIEVEMENT TOGETHER- A VISION FOR EUROPEAN SCHOOLS

- TRABALLO MOVILIDADE GALES 2019

- TRABALLO MOVILIDADE VARSOVIA 2018

- TRABALLO MOVILIDADE GALES 2018

- PRESENTACIÓN DO CENTRO FEITO POLO ALUMNADO

- VIDEOS:

Os seguintes videos foron elaborados para o programa ERASMUS + no que participa profesorado do CPI de Atios, coordinado polo CFR de Ferrol, xunto con outros da comarca de Ferrolterra (IES AS TELLEIRA, IES DE FENE, IES FRAGAS DO EUME).

No primeiro video, os nenos e nenas de 4º de primaria, contan como foi a experiencia da visita de alumnos de Cardiff e Varsovia o pasado mes de outubro.

No segundo video faise unha pequena recopilación de como se traballan as materias STEM no noso cole, e intentamos potenciar o papel da nena e da muller na ciencia e na tecnoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut