Skip to Content

Participación na First Lego League

O pasado 17 de Febreiro celebrouse no Auditorio de Ferrol, a fase galega da First Lego League, concurso de robótica, ciencia e valores de equipo.

O CPI de Atios estivo representado por dous equipos; o equipo FrouxiMakers Junior que representaba as aulas de 4º de Educación Primaria. E o equipo FrouxiMakers formado por alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO.

Foi unha mañá intensa en emocións e nervios pero tamén de experiencias. Pola tarde todo o alumnado e as familias que o desexaron, puideron visitar diferentes laboratorios da Universidade no Campus de Esteiro en Ferrol. 

Fai clic aquí ou na imaxe para ver o album de fotos

Os medios de comunicación fixeron eco do evento; La Voz de Galicia e a TVG

Video documental sobre a igualdade de xénero, elaborado polo alumnado de 4º Ed. Primaria

  • Departamentos e Ciclos:

CHARLA NO CENTRO DE FORMACIÓN (FERROL)

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Premio "Concepción Arenal" ao CPI de Atios polo proxecto "Diferentes na Igualdade"

Laura Adela Fernández Blanco e o noso Director Antonio Cebreiro recollen o  Premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña nas modalidades de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Diferentes na igualdade’ é o proxecto do centro valdoviñés que gañou o premio na categoría de Educación Primaria. O xurado destacou a incorporación das novas tecnoloxías para contribuír á igualdade nun traballo que se inclúe no proxecto europeo Erasmus Plus que ten como obxectivo potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas do alumnado, con especial atención á diversidade.

«O concurso forma parte do traballo da área de Igualdade para educar en igualdade a través de iniciativas destinadas ás novas xeracións, de maneira especial a mozas e mozos con fin de construír un futuro en igualdade, sen discriminación nin violencia machista», sinala Ánxela Franco que destaca o traballo nos centros por parte de toda a comunidade educativa e a repercusión da súa aplicación nos propios ámbitos de ensino.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/valdovino/2018/02/02/premio-cpi-atios-valdovino/0003_201802F2C6992.htm

http://www.ferrol360.es/premio-concepcion-arenal-para-el-cpi-atios-de-valdovino-por-su-trabajo-diferentes-na-igualdade/

https://www.corunahoy.es/dous-centros-da-coruna-e-un-de-valdovino

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/170482

MODELO ORZAMENTO CICLOS E DEPARTAMENTOS

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Retoma a actividade o Club de Ciencia

O pasado 21 de Decembro de 2017 publicouse a resolución definitiva de Centros docentes Públicos para participar no Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia" para o curso 2017/18, onde o CPI de Atios é un dos 30 centros seleccionados de todo Galicia.
Dirixido ao alumnado de 4º, 6º de Primaria e 1º da ESO.
Comezamos o 23 de Xaneiro 2018 de  16:30 a 18:00 h

LECTURAS RECOMENDADAS POLO EQUIPO DA BILIOTECA

Participación en Galiciencia 2017

http://www.galiciencia.com/

Os vindeiros días 22,23 e 24 de novembro, 4 alumnoas/os do CPI de Atios; Sara Santiago, Alba Méndez, Iago Barros e Raúl Caneiro, participarán en Galiciencia 2017 ex

poñendo dous proxectos. 

Galiciencia é a maior feira de ciencia escolar de Galicia, celébrase na Tecnópole- Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, Ourense.

O primeiro proxecto de "Ciencia Cidadá" sobre A augua potable en Valdoviño.

O segundo son "unhas gafas para cegos" deseñadas en Fusión 360 e impresas en 3D, con sensores de ultrasonidos e zoadores e motores.

Alumnado de 4º A no recitado de Poesía Carbalho Calero

  O pasado xoves 26 de outubro tivo lugar o recitado de poesía Carbalho Calero no Centro Cultural da cidade de Ferrol.


  O noso centro participou co alumnado de 4ºA de Educación Primaria, recitando o poema da canción de Paco Nogueiras MEU O MUNDO É!


  Dende o E.D.L.G. queremos felicitar ás nenas e nenos que tanto empeño puxeron en facelo tan ben e darlles as grazas pola súa colaboración, grazas que facemos extensibeis ás profesoras que ensaiaron con el@s, Gema e Inmaculada.


  Ésta e outras actividades en galego fan posible que se manteña presente a nosa lingua na vida da casa e da escola.

Mil primaveras máis para a nosa lingua !!!

COORDINADORA DO E.D.L.G. DO CPI ATIOS

PROFESORADO SELECCIONADO ERASMUS +

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN:
Distribuir contido


by Dr. Radut